Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2003 pola que se fai pública a adxudicación dun contrato privado de seguro (póliza) de accidentes deportivos.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado por Real decreto lexislativo

2/2000, do 16 de xuño, faise pública a adxudicación do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral para o Deporte.

c) Número de expediente: 18/2003.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contrato privado de seguro (póliza) de accidentes deportivos mediante a cobertura de asistencia médico-cirúrxica e de especialidades e as indemnizacións por perdas anatómicas e funcionais.

b) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 153, do 8 de agosto de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación. Importe total:

Expediente 18/2003: 114.904 A, IVE incluído.

5. Adxudicación:

a) Data: 30 de setembro de 2003.

b) Contratista: Asisa, Asistencia Sanitaria Interprovincial de Seguros, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe: 113.906,71 A, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2003.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude,

Deporte e Voluntariado