Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 30 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 19 de xuño de 2003 de concesión de axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM 343B 2002/483-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novem

bro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de concesión de axudas á contratación indefinida do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 5-7-2002 (DOG nº 134, do 12 de xullo), publícase:

1º. Expediente de procedemento: FM 343B 2002/483-5.

Orde de convocatoria: 5 de xullo de 2002 (DOG nº 134, do 12 de xullo de 2002).

Interesado: Josefa Ángela Liste Juncal.

Enderezo: Praza de Galicia 5-1º, 15004 A Coruña (A Coruña).

Asunto: resolución por delegación ó abeiro da Orde do 5-7-2002 do delegado provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de data 19 de xuño de 2003.

«Parte dispositiva da resolución:

RESOLVE:

1. Conceder a Josefa Ángela Liste Juncal as axudas e subvencións pola contratación indefinida de 1 traballador relacionado no ordinal segundo dos precedentes fundamentos nas contías seguintes:

-Axuda pola contratación indefinida inicial de 1 traballador que teña a consideración de colectivos desfavorecidos segundo o artigo 3.1º da orde de convocatoria, por un importe total de 3.000 euros.

2. Condiciona-lo pagamento destas axudas e subvencións, de conformidade co artigo 16 á presentación por parte do beneficiario, no prazo de 10 días hábiles desde o día seguinte ó da presente notificación, dun exemplar, orixinal ou fotocopia compulsada, da documentación que se indica:

-Certificados de atoparse ó día nos pagamentos á Seguridade Social.

-Declaración expresa, na data actual, comprensiva de tódalas axudas e subvención solicitadas ou concedidas para este mesmo proxecto, ou, de se-lo caso, de que non solicitou ou percibiu ningunha axuda e subvención das distintas administracións públicas.

-TC1 e 2, dos meses seguintes: febreiro 2003, xaneiro 2002, marzo 2002 e xullo 2002 (as empresas dadas de alta con posterioridade a esas datas presentarán os TC que correspondan e a inscrición da empresa na Seguridade Social, modelo TA-6).

3. De non presentarse no prazo indicado ou de non ser correcta ou concorde co solicitado procederase segundo o caso, á revogación total ou parcial da axuda concedida (artigos 16, 19 e 20 da orde de convocatoria).

4. Lembrarlle ó beneficiario o necesario cumprimento das obrigas de mantemento, información e

comunicación establecidas no artigo 18 e 21 da orde de convocatoria.

Notifíquese ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 19 de xuño de 2003. P.D. O Delegado Provincial. Asinado: Joaquín Macías Sánchez».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 30 de setembro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra