Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 6 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 32/2003, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data 4 de setembro de 2003, a instructora do procedemento dictou proposta de resolución do expediente sancionador 32/2003, incoado na Delegación Provincial de Ourense a Manuel López Reza.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto número 5º do referido artigo, notifícase a Manuel López Reza o contido da dita proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste, ó abeiro do disposto no número 1º do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na avenida de Zamora, nº 13 de Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 6 de outubro de 2003.

José F. Troncoso Casares

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador nº 32/2003.

Denunciado: Manuel López Reza.

NIF: M-3201449-X.

Último enderezo coñecido: Santo Domingo, nº 4, 3003 de Ourense.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigos 3.3º, 3.4º, 3.6º, 6.2º, e 12 do Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, que establece as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 300 euros (trescentos euros).

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO