1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: deseño dun programa informático para a xestión de axudas á mellora das explotacións agrarias, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.
b) División por lotes e número: non.
c) Lugar de execución: o que se especifique no prego prescricións técnicas.
d) Prazo de execución: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 250.000 euros.
Ano 2003: 200.000 euros.
Ano 2004: 50.000 euros.
5. Garantías.
Provisional: o 2% do orzamento de licitación.
Definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias. Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Teléfono: 981 54 57 21.
e) Telefax: 981 54 57 35.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.
Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratación.
7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará ó día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará ós oito días naturais, ás 14.00 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).
d) Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
8. Posibilidade de variantes.
Non se admiten, se ben poderanse reduci-los prazos de execución propostos pola Administración.
9. Clasificación.
Grupo V, subgrupo 2, categoría B (equivalencia anterior normativa grupo III, subgrupo 3, categoría B).
10. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Sala de Xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.
d) Data: terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, o cuarto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.
e) Hora: 13.00 horas.
11. Gastos de anuncios.
O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2003.
P.D. (Orde 19-9-2003)
José Antonio Álvarez Vidal
Secretario xeral da Consellería de Política
Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural