Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 25 de agosto de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Verónica, 7032.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña fai saber que Pedra J. Carlos Noya, S.L., con domicilio na rúa Arcay 53-2º Bembibre, Val do Dubra (A Coruña) presentou nesa delegación provincial o día 18 de maio de 2000, instancia-solicitude do permiso de investigación Verónica-1 de 15 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, sección C, nos termos municipais de Muros e Outes da provincia da Coruña, correspondéndolle o nº 7032 da provincia da Coruña.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticesLonxitudeLatitude

1-9º00'00''42º49'40''

2-8º59'00''42º49'40''

3-8º59'00''42º48'00''

4-9º00'00''42º48'00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

A Coruña, 25 de agosto de 2003.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL