Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do Parque Eólico Serra de Meira, nos concellos de Meira e Ribeira de Piquín (Lugo), promovido pola empresa Gamesa Energía, S.A. (Expediente 044-EOL).

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 30 de setembro de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que

se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto do Parque Eólico Serra de Meira, nos concellos de Meira e Ribeira de Piquín (Lugo), promovido pola empresa Gamesa Energía, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO

Declaración de impacto ambiental

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa a presentada pola empresa promotora:

-Proxecto de execución. Parque Eólico de Serra de Meira. Decembro de 2000.

-Estudio de impacto ambiental do Parque Eólico Serra de Meira. Tomo I: memoria e planos. Setembro de 2000.

-Estudio de impacto ambiental do Parque Eólico Serra de Meira. Tomo II: anexos. Setembro de 2000.

-Anexo ó estudio de impacto ambiental do Parque Eólico Serra de Meira.

-Documentación ambiental complementaria ó estudio de impacto ambiental P.E. Serra de Meira. Novembro de 2002.

-Documentación ambiental do Parque Eólico Serra de Meira. Marzo de 2003.

-Proxecto de revexetación P.E. Serra de Meira. Maio de 2003.

-Plan de vixilancia de augas e ruídos. Parque Eólico Serra de Meira. Xuño de 2003.

-Planos de modificación do proxecto, con data do 23-6-2003.

-Control e seguimento P.E. Serra de Meira. Anexo, relativo á posición R-20,

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen nesta DIA, ademais das incluídas no estudio ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradicción entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido nesta declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

1. Ámbito da declaración.

Esta declaración refírese en exclusiva ó proxecto denominado Parque Eólico Serra de Meira, que consiste na instalación e explotación dun parque eólico de 49,3 MW de potencia total nos concellos de Meira e Ribeira de Piquín (Lugo), constituído por 58

aeroxeradores modelo Gamesa G-58 de 850 kW de potencia unitaria, que se localizarán dentro do polígono definido polas seguintes coordenadas UTM:

Vértice XVértice Y

642.5004.790.000

642.0004.789.000

642.3504.789.000

642.3504.788.000

643.0004.786.000

643.2504.784.000

644.0004.783.000

644.5004.782.000

643.5004.782.500

643.5004.781.500

643.0004.782.000

643.0004.783.000

642.4004.784.000

641.7004.788.000

641.7004.789.000

A localización dos aeroxeradores e a infraestructura asociada ó parque eólico será a que se recolle nos planos Planta xeral. Data: 23-6-2003. Nº plano: 1-1 e 1-2, da separata Planos de modificación do proxecto.

As coordenadas UTM dos 58 aeroxeradores previstos son as seguintes:

AeroxeradorUTM XUTM Y

4641.815,6804.789.117,860

5641.819,4874.789.002,536

6641.876,3334.788.899,864

7641.933,1784.788.797,192

8641.960,8864.788.681,379

9641.988,8054.788.564,686

10642.016,7244.788.447,992

11642.044,6424.788.331,299

12642.072,5614.788.214,605

13642.100,4804.788.097,911

14642.128,5934.787.980,405

15642.142,5804.787.864,581

16642.156,8084.787.746,755

17642.171,1454.787.629,394

18642.185,1034.787.512,439

19642.215,6314.787.259,627

20642.269,3884.787.043,324

21642.318,7624.786.750,168

22642.317,5524.786.620,174

23642.315,1454.786.490,196

24642.337,1424.786.362,624

25642.359,2284.786.234,537

26642.398,8404.786.111,163

27642.427,8404.785.985,021

28642.456,9674.785.858,332

29642.485,9204.785.732,015

30642.515,1014.785.605,468

AeroxeradorUTM XUTM Y

31642.543,3124.785.482,756

32642.639,4094.785.402,963

33642.619,3094.785.218,502

34642.704,1554.785.139,162

35642.751,2754.785.033,165

36642.764,9354.784.923,887

37642.777,4274.784.823,949

38642.789,9354.784.723,887

39642.802,4274.784.623,949

40642.566,0754.784.140,784

41642.641,0034.784.050,925

42642.743,9844.783.995,392

43642.846,9654.783.939,858

44642.942,3714.783.872,131

45643.053,6884.783.793,109

46643.082,2774.783.684,965

47643.110,8664.783.576,821

48643.165,7604.783.475,510

49643.220,6554.783.374,200

50643.252,3704.783.271,058

51643.257,5484.783.132,871

52643.287,5224.783.027,828

53643.332,8034.782.920,488

54643.366,4024.782.810,244

55643.400,0004.782.700,000

56643.537,7564.782.681,490

57643.675,2704.782.663,013

58643.812,7844.782.644,536

R-17643.950,2984.782.626,059

R-19644.128,2864.782.463,449

R-20644.218,0814.782.383,844

Liña de evacuación de enerxía.

A liña de evacuación de enerxía do parque, que é obxecto de proxecto á parte, está sometida actualmente a trámite de avaliación de impacto ambiental, de acordo coa información que consta nesta dirección xeral.

2. Protección da atmosfera.

2.1. Sobre a emisión de po.

Os camións de transporte de terras ou materiais que poidan xerar po deberán ir cubertos con lonas ou similar.

2.2. Sobre a contaminación acústica.

Os niveis de presión sonora no parque e vivendas máis próximas non poderán supera-los valores límite de recepción para ruído ambiente exterior establecidos no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica.

Para tal fin, levarase a cabo un seguimento do nivel de ruído durante as fases de construcción e funcionamento do parque, de acordo coa proposta incluída no documento Plan de vixilancia de augas

e ruídos. Parque Eólico Serra de Meira. Xuño de 2003.

Sen embargo, no referente ós puntos de control deberase revisa-la proposta efectuada, conforme o requirido no punto 10.2 da DIA.

3. Protección das augas e leitos fluviais.

Calquera actuación ou afección nas zonas de servidume e policía dos cursos de auga, así como calquera captación e/ou vertedura, precisará da autorización da Confederación Hidrográfica do Norte, conforme o establecido no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas.

As obras non poderán afecta-la calidade e o volume das augas que teñan por finalidade o abastecemento público dos núcleos e das zonas de afección das construccións, tendo prioridade este servicio fronte a calquera outro.

Realizarase un control do correcto funcionamento dos dispositivos de drenaxe previstos (tanto transversais como lonxitudinais) e das condicións de incorporación das augas á rede natural, levando a cabo o plan de control da rede de drenaxe proposto no anexo 5 do EsA.

Non se acumularán terras, entullos, material de obra nin calquera outro tipo de materiais nas zonas de servidume e policía dos cursos de auga nin interferindo na rede natural de drenaxe, co fin de evita-la súa incorporación ás augas. Non está permitido o lavado de maquinaria e materiais nos cursos fluviais.

A medida que avanza a obra procederase á estabilización e revexetación dos noiros de desmonte e/ou terraplén resultantes da execución da obra civil, co obxecto de previr fenómenos erosivos e incorporación de sólidos ás augas.

Non estando previsto no estudio ambiental presentado a reserva dunha zona para a fabricación de formigón, este necesariamente será provisto desde planta ou plantas localizadas fóra da obra, e que conten coas debidas autorizacións.

Á vista da información achegada na documentación avaliada, así como das medidas protectoras propostas, e tendo en conta o cumprimento dos condicionados anteriores, non se considera necesario levar a cabo un seguimento da calidade das augas.

4. Protección do solo.

Realizarase un control topográfico preciso dos límites das zonas de obra e da localización de tódalas infraestructuras e instalacións proxectadas, que se axustará ó establecido nesta declaración, e está prohibido ocupar terreos fóra dos previstos.

A circulación de vehículos e de maquinaria de obra no parque restrinxirase ás vías e zonas acondicionadas para o efecto.

As infraestructuras asociadas á construcción do parque eólico executaranse de acordo coas especificacións técnicas e dimensións sinaladas na documentación ambiental, e non se permitirá o seu sobredimensionamento.

Non se poderán efectuar préstamos na zona, salvo xustificación previa. En todo caso, deberán te-la súa procedencia debidamente acreditada, tendo que restauralos ó finaliza-la obra.

No caso de deterioración de camiños ou calquera outra infraestructura ou instalación preexistente debido ós labores de construcción do parque, deberase restituí-la súa calidade ós niveis previos ó inicio das obras.

A realización do proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que se refire ó uso e á defensa destas.

5. Xestión de residuos.

Tódolos residuos que se xeren como consecuencia da construcción, explotación e desmantelamento do parque eólico deberán ser xestionados en función da súa natureza e conforme a lexislación vixente, primando a reciclaxe ou a reutilización fronte á vertedura.

Ó finaliza-las obras, e antes do inicio da fase de explotación, deberá terse retirado e xestionado a totalidade dos residuos de obra.

Mentres non se produzan as sucesivas entregas ó xestor autorizado, durante a fase de construcción os contedores localizaranse na zona de instalacións de obra, e durante a fase de explotación disporanse no edificio de control do parque.

6. Protección da fauna e vexetación.

6.1. Sobre a fauna.

Nos pasos canadenses que se instalen para impedi-lo paso do gando, deberanse adoptar medidas que posibiliten o escape dos pequenos vertebrados que poidan caer ó foxo, que poden consistir, entre outras, nunha rampla de subida ou foxo con laterais abertos. As ditas medidas describiranse axeitadamente, conforme o requirido no punto 10.3 da DIA.

Respecto á avifauna, realizaranse comprobacións periódicas que permitan determina-la existencia ou non de afeccións sobre os seus efectivos de poboación e detectar posibles cambios no comportamento e nos usos do hábitat producidos pola instalación e/ou presencia dos aeroxeradores.

Para tal fin levarase a cabo o plan de seguimento de avifauna proposto na Documentación ambiental complementaria ó estudio de impacto ambiental P.E. Serra de Meira. Novembro de 2002.

Respecto doutros vertebrados, dada a importante comunidade local de morcegos, realizarase o plan de seguimento de quirópteros proposto no documento anterior.

6.2. Sobre a vexetación.

A eliminación da vexetación nas diferentes zonas afectadas polas obras reducirase ó estrictamente necesario, efectuándose mediante sistemas de roza.

Previamente á corta de arboredo realizarase a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso, conforme o disposto no Regulamento de montes.

Será preciso xestiona-la biomasa vexetal eliminada, primando a súa valorización, tendo en conta que non se pode proceder á queima destes restos. Recoméndase que sexa depositada sobre o terreo, procedendo á súa trituración e espallamento homoxéneo, para permitir unha rápida incorporación ó solo.

7. Protección do patrimonio cultural.

De cara a evitar posibles afeccións, establécese para esta obra unha área de exclusión no contorno dos bens do patrimonio cultural, cun raio de 90 m medidos desde o límite exterior do ben inventariado. A realización de calquera tipo de obra nas referidas áreas precisará do informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Deberase realizar un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos en todo o ámbito do parque eólico, recollendo as especificacións establecidas nesta DIA, polo que, previamente ó inicio das obras, se elaborará un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Na fase de replanteo revisaranse os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

8. Sobre a paisaxe.

O acabamento exterior do edificio de control adecuarase á tipoloxía constructiva da zona, garantindo a súa integración paisaxística. As cores da pintura de exteriores serán acordes co contorno e de acabamento mate.

Así mesmo, observarase o cumprimento das medidas de integración paisaxística recollidas no estudio ambiental e na Documentación ambiental do Parque Eólico Serra de Meira. Marzo de 2003.

Os afloramentos rochosos e outras formacións con interese xeomorfolóxico ou paisaxístico existentes na serra deberán ser preservados de calquera dano. Se isto comportase o desvío dalgunha infraestructura ou instalación, observarase o indicado no punto 12.4 desta DIA.

9. Restauración.

Tódalas superficies afectadas ou deterioradas pola execución das obras (marxes das vías, foxos, contorno das obras de drenaxe, gabias do cableado, plataformas de montaxe, zona de instalacións de obra e amoreamento de materiais...) deberán ser restauradas e revexetadas, favorecendo a recuperación do solo e a reinstalación da vexetación orixinal. Así mesmo, garantirase o mantemento da revexetación ó longo do tempo.

Para tal fin, levaranse a cabo as actuacións recollidas no Proxecto de revexetación P.E. Serra de Meira. Maio de 2003, realizando un seguimento da súa efectividade. Incrementarase a intensidade do seguimento no caso de que se detecten dificultades para o desenvolvemento da vexetación.

Previamente á revexetación efectuarase o acondicionamento do terreo, procedendo á súa descompactación e labranza superficial, retirando o exceso de pedregosidade e estendendo a terra vexetal previamente amoreada.

Os labores de restauración e revexetación deberanse realizar paralelamente ó avance da obra, conforme as distintas superficies que se van restaurar acadan o seu estado definitivo, co fin de acada-la integración paisaxística das zonas alteradas desde un principio.

Na fase de desmantelamento e abandono do parque, unha vez rematada a súa vida útil, levaranse a cabo tódalas actuacións necesarias para recupera-la situación preoperacional da zona ocupada pola instalación, incluíndo a restauración das vías creadas para uso exclusivo do parque e a revexetación de tódalas zonas afectadas pola desmontaxe, conforme o proxecto de restauración presentado.

Tendo en conta que o proxecto de restauración presentado prevé só 57 aeroxeradores, e considerando que para o aeroxerador R-20 as actuacións serán iguais que as descritas para o resto do parque, deberase presentar un novo orzamento que inclúa a totalidade das instalacións previstas, conforme o requirido no punto 10.4 da DIA.

10. Documentación adicional.

Previamente ó inicio das obras, o promotor presentará perante o órgano substantivo, quen dará traslado a esta dirección xeral para a súa valoración e, se procede, imposición das medidas protectoras

e/ou correctoras adicionais que se deriven, tres (3) exemplares da seguinte documentación:

10.1. Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflictan a poligonal do parque e tódalas infraestructuras e instalacións proxectadas, conforme o derivado desta DIA. Diferenciaranse, en cores ou grafía distintiva, as vías preexistentes das de nova construcción e aquelas que se van acondicionar, indicando na lenda a lonxitude de cada tipo e a das gabias do cableado. Reflectiranse, así mesmo, o/s punto/os de acceso ó parque, elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela e a localización da zona de instalacións de obra, parque de maquinaria e almacenamento de materiais.

10.2. Revisión dos puntos de control do nivel de ruído, tendo en conta que se poden desbotar, por estaren suficientemente afastados dos aeroxeradores, os numerados do 1 ó 5, 7 e 8, e que haberá que incluí-lo núcleo de Carballóns, que está máis próximo e non se incluíu na proposta. A proposta final reflectirase nun plano a escala mínima 1:25.000, no que figuren as instalacións previstas, acompañado dunha táboa coa distancia de cada punto ó aeroxerador máis próximo.

10.3. Descrición dos sistemas de escape de pequenos vertebrados que se van instalar nos pasos canadenses, conforme o indicado no punto 6.1 da DIA.

10.4. Novo orzamento do proxecto de restauración, tanto para a fase de obras como para a de desmantelamento e abandono, no que se inclúa o aeroxerador R-20 e as súas infraestructuras asociadas.

10.5. Identificación do responsable ambiental por parte do promotor, en cumprimento do indicado no punto 12.3 desta DIA.

10.6. Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de obras (referida á contrata ou contratas que vaian executa-lo parque), de acordo co Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

10.7. Copia da autorización do proxecto arqueolóxico para a realización do control e seguimento arqueolóxico durante a fase de obras, conforme o indicado no punto 7 desta DIA. En ningún caso poderán inicia-las obras sen a autorización expresa da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, respecto do indicado neste punto.

Unha vez avaliada a antedita documentación, remitiráselle ó promotor o resultado da dita avaliación, non podendo proceder ó inicio das obras ata que

conte co informe favorable desta dirección xeral sobre a totalidade da documentación requirida.

Unha vez emitido informe favorable por esta dirección xeral sobre o cumprimento dos puntos anteriores, o promotor comunicaralle a esta dirección xeral a data de inicio das obras e remitirá, como mínimo 48 horas antes do seu comezo, o cronograma estimado de obras, no que figuren tódalas actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, as datas de inicio e fin e a duración prevista.

11. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras recollidas na documentación avaliada e no condicionado da declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir alteracións que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

No caso de que durante o seguimento ambiental se detectasen, en calquera das súas fases, impactos imprevistos ou alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, tomaranse as medidas oportunas para paraliza-la actuación, comunicando a esta dirección xeral a incidencia detectada e propoñendo as medidas correctoras precisas para corrixila, que serán avaliadas polo órgano ambiental, quen informará sobre a conveniencia ou non de continua-la actuación nesas circunstancias.

Tendo en conta o anterior, o promotor remitirá a esta dirección xeral, a través do órgano substantivo e coa periodicidade indicada, tres (3) exemplares da seguinte documentación:

11.1. Durante a execución das obras presentarase, con carácter trimestral, un informe de obras que como mínimo inclúa:

a) Cronograma de obras actualizado, con tódalas actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, a porcentaxe de execución respecto ó total. No cronograma figurará a data de actualización.

b) Resultados do plan de seguimento do nivel de ruído, con medicións en plena actividade, indicando persoal de obra e maquinaria en funcionamento. As medicións serán efectuadas por entidade homologada por esta dirección xeral, e os informes presentaranse asinados por técnico da entidade. Incluirase sempre o parámetro Leq.

c) Resultados do plan de control da rede de drenaxe e o seguimento de avifauna e quirópteros, conforme os puntos 3 e 6.1 da DIA.

d) Informe onde se detallen, para aqueles indicadores ambientais que non teñan plans de seguimento específicos, os controis ambientais efectuados de acordo co plan de vixilancia (indicando datas das visitas), resultados da aplicación das medidas protectoras e correctoras, incidencias ou imprevistos acontecidos, labores de restauración levados a cabo, xestión dos residuos de obra, etcétera. O informe reflectirá o cumprimento da declaración en relación con tódolos aspectos incluídos ou derivados dela.

e) Informe de avance da obra, acompañado de reportaxe fotográfica, onde se describa o desenvolvemento dos traballos en relación con tódolos compoñentes do proxecto. Nas fotografías indicarase a data e a hora, e xuntaráselles un plano de localización.

f) Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a situación real das obras e a porcentaxe de execución respecto ó total, referido a tódolos elementos que conforman o proxecto.

11.2. Ó final das obras, comunicarase a data de posta en marcha do parque. No prazo máximo de dous (2) meses desde o remate dos traballos presentarase un informe fin de obras, co seguinte contido mínimo:

a) Informe onde se describa o desenvolvemento dos traballos desde a emisión do último informe de obras e o estado final destas trala súa finalización, así como os controis ambientais e as medidas protectoras e correctoras levadas a cabo, incidencias ou imprevistos acontecidos e solucións adoptadas, destino dos sobrantes de terras, residuos de obra e biomasa vexetal, xunto cunha descrición detallada do estado final da área afectada en relación con tódolos aspectos recollidos no estudio ambiental e no condicionado da declaración.

b) Reportaxe fotográfica que amose con detalle os aspectos máis salientables da actuación: zonas nas que se implantaron os aeroxeradores, estado das vías, drenaxes e foxos, gabias do cableado, estado de limpeza da área, en especial da zona destinada a instalacións de obra, zonas onde se efectuaron medidas protectoras e correctoras, etcétera. Nas fotografías indicarase a data e hora, acompañándoas dun plano de localización.

c) Plano as built, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a situación real de tódalas instalacións e infraestructuras do parque, así como as zonas onde se realizaron medidas protectoras e/ou correctoras.

d) Documentación acreditativa de ter notificado por parte do promotor do parque a pequena producción de residuos perigosos para a fase de explotación, segundo o Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

11.3. Informe ambiental semestral, que se presentará desde o inicio da fase de explotación, durante os dous primeiros anos desta. Incluirá, como mínimo, os seguintes contidos:

a) Resultados do plan de seguimento do nivel de ruído, indicando o número de aeroxeradores en marcha durante a medición.

b) Resultados do control dos dispositivos de drenaxe e condicións de incorporación das augas á rede natural, de acordo co punto 3 da DIA. A frecuencia dos controis será mensual durante o primeiro semestre como mínimo, determinándose a frecuencia posterior en función dos resultados obtidos neste período.

c) Resultados do plan de seguimento de avifauna e quirópteros, conforme o punto 6.1.

d) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica detallada, no que se describan os resultados do plan de restauración, indicando os avances e as incidencias no proceso de rexeneración da cuberta vexetal, estado das vías, foxos, plataformas de montaxe, gabias do cableado, drenaxes e aquelas zonas nas que se aplicasen medidas de protección contra a erosión. Detallaranse os controis ambientais efectuados (indicando datas das visitas) para verifica-la eficacia e a evolución das medidas protectoras e correctoras adoptadas. Describiranse as posibles incidencias en relación con tódolos aspectos incluídos ou derivados da DIA. Nas fotografías indicarase a data e hora, e xuntaráselles un plano de localización.

11.4. Informe ambiental anual: presentarase a partir do segundo ano de explotación e terá, con carácter xeral, os contidos do informe descrito no punto anterior.

Non obstante o anterior, esta dirección xeral, á vista dos resultados obtidos no seguimento ou á proposta motivada do promotor, poderá modifica-lo contido dos informes de seguimento ou a frecuencia dos controis que se van realizar.

11.5. Informe previo ó abandono: no prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación do parque, remitirase un cronograma estimado das actuacións de desmantelamento e abandono da instalación, acompañado, no seu caso, dun informe indicando as posibles variacións respecto do plan de desmantelamento previsto, xunto coa súa xustificación.

11.6. Informe posterior ó abandono: no prazo de dous (2) meses contados desde o remate dos traballos de desmantelamento e abandono do parque, remitirase un informe acompañado de reportaxe fotográfica, que conteña a descrición das actuacións levadas a cabo, con especial mención á xestión dos residuos procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas.

12. Condicións adicionais.

12.1. Para efectos de seguimento desta declaración, o órgano substantivo comunicará a este órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

12.2. As condicións sinaladas nesta declaración de impacto ambiental (DIA) son de obrigado cumprimento para a empresa promotora. Sen embargo, o promotor poderá solicitar do órgano ambiental a revisión das medidas indicadas, co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación, ou implicasen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican nesta declaración.

Nesta circunstancia, o promotor realizará a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Esta solicitude remitirase no prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada esta DIA polo órgano substantivo. Unha vez recibida a solicitude e a documentación mencionadas, o órgano ambiental procederá á súa avaliación, comunicándolle o acordo adoptado ó promotor, quen non poderá comeza-las obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral para o efecto.

12.3. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento desta declaración, o promotor deberá designar un responsable do control deste, notificándolle o seu nomeamento ó órgano substantivo, que llo comunicará ó órgano ambiental.

12.4. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada, deberá elaborarse tendo en conta a variable ambiental e será notificado previamente, a través do órgano substantivo, á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, que o avaliará e decidirá sobre a súa aceptación, comunicando así mesmo se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

12.5. Previamente ó inicio das obras, o promotor deberá depositar un aval para garanti-lo cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ó ambiente e do custo de restauración, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental.

Proponse como importe provisional do aval, que deberá fixa-lo órgano substantivo, o 4% do investimento previsto, que ascende á cantidade dun millón douscentos vinte catro mil setenta e tres euros con sesenta e dous céntimos (1.224.073,62). O importe definitivo do aval, que será actualizable, poderase propoñer cando se dispoña do orzamento do plan de restauración, tendo en conta o requirido no punto 10.4 da DIA.

12.6. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera momento e só para os efectos ambientais, condicionados adicionais a esta declaración, en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non previsto actualmente.

12.7. Se unha vez emitida esta declaración se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que estes sexan corrixidos.

12.8. O incumprimento total ou parcial, por parte da empresa promotora, das condicións impostas nesta DIA, poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e para adopta-las medidas oportunas en cumprimento da lexislación vixente.

12.9. Deberanse efectua-los trámites oportunos para a publicación da DIA no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto no artigo 5.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2003.

José Luis Díez Yáñez

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO I

Resumo do proxecto

O proxecto denominado Parque Eólico Serra de Meira, promovido pola empresa Gamesa Energía, S.A., consiste na instalación e explotación dun parque eólico composto por 58 aeroxeradores e a súa infraestructura asociada, nos concellos de Meira e Ribeira de Piquín (Lugo). Os aeroxeradores distribuiranse dentro do polígono definido polas coordenadas UTM que se indican no punto 1 desta declaración.

As características básicas do proxecto presentado son as seguintes:

-Número de aeroxeradores: 58.

-Modelo: Gamesa G-58.

-Potencia unitaria por aeroxerador: 850 kW.

-Potencia total instalada: 49,3 MW.

-Altura das torres: 44/55/65 m.

-Diámetro do rotor: 58 m.

-Investimento previsto: 30.601.840,59 euros.

A obra civil inclúe a execución duns 3.000 m de vías de acceso ós aeroxeradores, cun largo de rodadura de 5 m e dotadas de foxos e drenaxes transversais para a recollida e a evacuación de augas pluviais. Prevese a execución duns 9.200 m de gabias de conducción do cableado, cun largo de 80-100 cm.

* Medidas preventivas e correctoras.

-Boas prácticas xerais de obra: en tódalas accións de proxecto que se desenvolvan durante a fase de construcción do parque se empregará unha serie de medidas preventivas para afecta-lo menos posible a calidade do aire, auga e solos da zona: revisión da maquinaria, xestionando os residuos obtidos, limitación das operacións de carga e descarga de materiais, escavación e movementos de terra ós períodos nos que a velocidade do vento sexa inferior a 10 km/h, rega das superficies, sen xeración de vertedura líquida, para minimiza-la dispersión de po e partículas, reducción de productos de combustión mediante mantemento técnico da maquinaria.

-Plan de xestión de verteduras e residuos: tódolos residuos xerados durante as obras ou na fase de mantemento serán xestionados e almacenados axeitadamente. Xestión de aceites.

-Augas e leitos fluviais.

Evitar sempre a afección directa a leitos, prestando especial atención ás obras que se desenvolvan preto destes.

Cumprimento das medidas de protección do solo.

Xestionar adecuadamente os residuos sólidos e perigosos e as augas residuais.

Preservación da vexetación de ribeira.

Non se acumulará terra nin refugallo de obra ni calquera outro tipo de materiais nas zonas de servidume dos cursos fluviais para evita-la súa incorporación ás augas no caso de escorregas, chuvias ou crecidas do caudal.

Evitarase a fabricación de formigón na propia obra, co obxecto de disminuí-lo risco de contaminación das augas. Así mesmo, evitaranse verteduras derivadas da súa utilización.

Non se extraerá auga dos regatos para as obras ou abastecemento.

Calquera alteración ou afección nas zonas de servidume dos cursos de auga precisará da autorización da Confederación Hidrográfica do Norte.

Xestión de sobrantes de terras.

Minimizarase o movemento de terras.

Achega gradual da auga das drenaxes á rede hídrica, empregando trampas de sedimentos que se limparán con asiduidade, sobre todo na fase de obras.

En noiros con pendente acusada, empregaranse mallas antiescorrega.

As tarefas de mantemento da maquinaria móbil durante a fase de obras realizaranse en talleres autorizados, eliminando así o risco de derramos accidentais de substancias contaminantes. Cando isto non sexa posible polas características da maquinaria, seleccionaranse zonas para a realización destas tarefas, afastadas do cursos de auga e protexendo o solo con materiais impermeables.

As augas residuais xeradas no edificio de control levaranse a unha fosa séptica.

-Outras medidas:

Deseño da intervención sobre a vexetación para a apertura de accesos e vías. Criterios de manexo da vexetación.

Asistencia técnica ambiental e arqueolóxica na fase de replanteo.

Restauración das superficies afectadas.

Medidas anticolisión de avifauna. Seguimento de colisións.

Reposición e/ou indemnización de danos.

Calendario de actuacións acorde coas medidas correctoras.

Balizamento previo dos elementos que se van protexer.

Posta á terra.

Programa de vixilancia ambiental (ruídos, aves, revexetación ...).

ANEXO II

Resumo dos informes

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite informe favorable sobre o estudio de impacto ambiental e sobre as medidas correctoras nel e no seu anexo, cos seguintes condicionantes que se incluirán na declaración ambiental:

1. De cara a evitar posibles afeccións, establecerase para esta obra unha área de exclusión no contorno dos bens do patrimonio cultural, cun raio de 90 m medidos desde o límite exterior do ben inventariado. A realización de calquera tipo de obras

nestas áreas precisará o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

2. Deberase realizar un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, de execución de obra e de restitución dos terreos, en todo o ámbito do parque eólico. Para tal fin, e previamente ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

3. Con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha destas fases a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo se revisarán os impactos e se valorará a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

4. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

5. Tal e como se recolle no artigo 63.2º da citada lei, os traballos arqueolóxicos descritos máis arriba financiaranse con cargo á execución do proxecto.

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza emite un primeiro informe que inclúe un resumo do proxecto e comentarios sobre a situación do proxecto en relación cos espacios naturais protexidos, indicando que as instalacións e infraestructuras do proxecto non afectan a ningún espacio natural, aínda que está preto o denominado río Eo.

Así mesmo, poñen de manifesto unha serie de carencias, que deben ser emendadas, en relación coa documentación ambiental: sinaturas, descrición escrita e gráfica da situación transformada e o medio biótico, aves e quirópteros, outras consideracións sobre a fauna, impactos acumulativos e sinérxicos, potencia unitaria dos aeroxeradores, paisaxe e restos de biomasa vexetal.

No segundo informe, sobre a Documentación ambiental complementaria ó estudio de impacto ambiental P.E. Serra de Meira. Novembro de 2002, indican que se observa unha mellora substancial na descrición do medio biótico, pero non vén acompañada dunha concreción sobre a incidencia real do proxecto sobre os biotopos, tanto na parte escrita como a gráfica. Segue sen se facer mención á liña eléctrica nin ós criterios de integración paisaxística. Estes aspectos deben ser emendados para poder emitir unha avaliación ambiental válida.

No terceiro informe, sobre a Documentación Ambiental do Parque Eólico Serra de Meira. Marzo de 2003, consideran que de se cumpri-lo exposto na documentación e nos informes emitidos ó respecto, non hai motivos para non estimar unha adecuada integración entre os intereses ambientais e

industriais. De todos modos, a execución das obras e o plan de seguimento ambiental serán determinantes no cumprimento da premisa anterior.

A Dirección Xeral de Obras Públicas informa de que a realización do proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que atinxe ó uso e á defensa destas. As obras, edificacións, cerramentos e accesos que afecten os terreos comprendidos na área de influencia das estradas requirirán, en todo caso, expresa autorización do órgano competente da Administración titular da estrada.

A Dirección Xeral de Turismo emite informe de incidencia turística que inclúe os seguintes epígrafes: características do proxecto e localización, impacto turístico-ambiental, principios normativos nos que se basea o informe e conclusións, indicando que a incidencia negativa sobre os valores turísticos da zona existe aínda que non é grave e que a instalación producirá unha serie de impactos ambientais negativos comúns a este tipo de actuacións, que deberán ser minimizados coa aplicación do programa de vixilancia ambiental, proxecto de revexetación e medidas correctoras, así como o coidado de elementos como o edificio de control, que terá un aspecto, acabamento e tipoloxía constructiva o menos agresivo posible coa paisaxe.

A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas emite informe favorable, que inclúe un resumo das características básicas do proxecto, da tramitación realizada, dos informes emitidos polos organismos consultados, dos resultados de información pública e unha proposta de condicionado ambiental.

A Confederación Hidrográfica do Norte emite informe favorable que contén unha breve descrición do proxecto e identifica as bacías hidrográficas afectadas. Sinala que para o sistema de depuración de augas residuais, e de existir algún cruzamento de liñas sobre leito público por infraestructuras do parque, será preciso obte-las preceptivas autorizacións administrativas, así como para calquera outra obra do proxecto que afecte o dominio público hidráulico e as súas zonas de servidume e policía.

ANEXO III

Resumo das alegacións

Sinesio González López e 22 máis, todos eles titulares de bens e dereitos afectados, alegan carencias no estudio ambiental e cuestións relativas ó proxecto sectorial, á utilidade pública do proxecto e a expropiación das parcelas que ocupará o parque eólico.

José Castiñeira García e Miguel Ángel Paz Fernández, como presidente e secretario do Tecor Meira, alegan a incompatibilidade entre o parque eólico e os terreos do Tecor, afección á vexetación coa conseguinte perda da densidade cinexética, que a presencia das pistas do parque fomentará o furtivismo e destruirá refuxios de fauna, que o ruído

dos aeroxeradores e, en xeral, a presencia do proxecto afectará a fauna cinexética, coa conseguinte perda de socios cazadores, e que estes non poderán emprega-las súas armas na proximidade do parque.