Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.569

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 2 de outubro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución do recurso de reposición número O-2000/0365, interposto por Pedro M. Abeledo Martínez contra outra dictada en expediente de responsabilidade patrimonial.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado, co último domicilio coñecido en Urbanización Soto R/B, 4-2º A, 15009 A Coruña, a resolución dictada polo secretario xeral por delegación do conselleiro en virtude da Orde do 21-11-2002 (DOG do 28 de novembro), do recurso de reposición nº O-2000/0365, da que a súa parte dispositiva di:

«Na súa virtude,

RESOLVO:

Desestima-lo recurso de reposición interposto por Pedro M. Abeledo Martínez, contra resolución do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 3 de outubro de 2000, recaída no

expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial nº O-327/1999.

Contra esta resolución que se transcribe definitiva en vía administrativa cabe recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, conforme co disposto no artigo 46.1º da citada Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa».

O interesado dispón dun prazo de dez días, contado desde o seguinte ó da publicación desta cédula para examina-lo expediente na Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, situada nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela.

O prazo de dous meses mencionado anteriormente contarase desde o día seguinte ó remate do prazo sinalado para o exame do expediente, ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2003.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivienda