Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 2 de outubro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución do recurso de reposición número O-2002/0221, interposto por Albino Rodríguez Espiñeira contra outra dictada en expediente sancionador en materia de estradas.

De conformidade co disposto no artículo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado, co último domicilio coñecido en Sta. María Piñoi, Covelo-Pontevedra, a resolución dictada polo conselleiro do recurso de reposición nº O-2002/0221, da que a súa parte dispositiva di:

«Na súa virtude,

RESOLVO:

Desestima-lo recurso de reposición número O-2002/0221 interposto por Albino Rodríguez Espiñeira contra a resolución desta consellería do 3 de xullo de

2002, dictada no procedemento sancionador nº O-2002/0138 (197/2001), pola comisión de dúas infraccións moi graves da Lei de estradas de Galicia; confirmando esta en tódolos seus termos.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza, de conformidade cos artigos 10 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1º da citada Lei 29/1998».

O interesado dispón dun prazo de dez días, contado desde o seguinte ó da publicación desta cédula para examina-lo expediente na Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, situada nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela.

O prazo de dous meses mencionado anteriormente contarase desde o día seguinte ó remate do prazo sinalado para o exame do expediente, ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2003.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivienda