Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. Castro de Cabras.
Situación: concello de Lalín.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con conductor tipo LA-56, de 88 m de lonxitude, con orixe no apoio HV-1600/12 da L.M.T. LAL802 ó C.T. Monte da Rocha e remate no C.T. que se proxecta, de 50 kVA R.T. 20 kV-380/220 V, situado en Castro de Cabras, no concello de Lalín.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 11 de setembro de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra