Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.564

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2003 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica da enxeñería, do departamento de Enxeñería Industrial, a José Ramón Souto López (praza 199/2001).

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), para a provisión da praza número 01/199 de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica da enxeñería, do departamento de Enxeñaría Industrial desta universidade, a favor de José Ramón Souto López, e unha vez que o interesado acreditase os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Ramón Souto López profesor titular de escola univerasitaria da área de

coñecemento de expresión gráfica da enxeñería, do departamento de Enxeñaría Industrial desta universidade.

A Coruña, 10 de outubro de 2003.

P.D. (Resolución 26-9-2003)

Eliseo Alfonso Barca Lozano

Rector da Universidade da Coruña en funcións