Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.564

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2003 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de composición arquitectónica, do departamento de Composición, a Fernando Agrasar Quiroga (praza 228/2001).

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 27 de novembro de 2001 (BOE do 13 de decembro), para a provisión da praza número 01/228 de profesor titular de universidad da área de coñecemento de composición arquitectónica, do departamento de Composición desta universidade, a favor de Fernando Agrasar Quiroga, e unha vez que o interesado acreditase os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Fernando Agrasar Quiroga profesor titular de universidade da área de coñecemento de composición arquitectónica, do departamento de Composición desta universidade.

A Coruña, 10 de outubro de 2003.

P.D. (Resolución 26-9-2003)

Eliseo Alfonso Barca Lozano

Rector da Universidade da Coruña en funcións