Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 31 de outubro de 2003 Páx. 13.538

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2003, da Dirección Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do expediente CP-PA-OR 2/2003.

A Dirección Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), da Consellería de Sanidade, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para cumprimento do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, de contratos coas admi

nistracións públicas, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde, Xerencia de Atención Primaria, paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2, 15001 A Coruña.

2. Obxecto da contratación.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de aparellos de diagnóstico básico.

c) Lote: 4.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 130, do 7 de xullo de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 76.500 euros (IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 19 de setembro de 2003.

b) Contratista:

-Lote 1: GE Medical Systems.

Total adxudicado: 13.200 euros.

-Lote 2: Suministros Galeno.

Total adxudicado: 35.826 euros.

-Lote 3: Lindent Dental.

Total adxudicado: 12.057,80 euros.

-Lote 4: Galmedic, S.L.

Total adxudicado: 6.072 euros.

A Coruña, 19 de setembro de 2003.

Luis Verde Remeseiro

Director xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol