Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 31 de outubro de 2003 Páx. 13.538

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 3 de outubro de 2003 polo que se lle comunica á empresa Invega 46, S.L., o arquivo do expediente AF008.2001.1.179, relativo á axuda a proxectos empresariais de investimento.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por este edicto ponse en coñecemento da empresa Invega 46, S.L. titular do expediente AF008.2001.1.179, relativo á axuda a proxectos empresariais de investimento (Resolución do 13 de xullo de 2001; DOG nº 142, do 23 de xullo), que con data do 19 de xuño de 2003 a directora da Área de Financiamento do Igape resolveu o arquivo do expediente por ter manifestado a dita empresa a vontade de desistir da súa solicitude.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A resolución de arquivo esgota a vía administrativa e contra ela poden interpor potestativamente recurso de reposición ante o Consello de Dirección do Igape no prazo máximo dun mes desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo máximo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

En Santiago de Compostela o 3 de outubro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica