Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 31 de outubro de 2003 Páx. 13.538

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 2 de outubro de 2003 polo que se lles comunica o incumprimento total ás empresas relacionadas no anexo, relativo á axuda ós proxectos empresariais de investimento que contribúan á creación e mantemento de emprego estable.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente edicto ponse en coñecemento das empresas relacionadas no anexo, relativo á axuda ós proxectos empresariais de investimento que contribúan á creación e mantemento de emprego estable (Orde do 7 de xullo de 1997, DOG nº 139, do 21 de xullo) que o presidente do Igape resolveu declarar incumpridas totalmente as condicións de concesión de subvención do expediente e determínase a revogación da axuda concedida.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A resolución de incumprimento total non esgota a vía administrativa e contra ésta poderá interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Facenda, nun prazo dun mes desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, complexo administrativo San Lázaro, s/n.

En Santiago de Compostela o 2 de outubro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

ANEXO

EmpresaNIFNº expedienteData resol.

incump. total

Pirotecnia Artefogo, S.L.B-1565705998/0060/CO28-5-2003

Escuela Infantil Trasnos, S.L.B-1565125098/0064/CO30-5-2003

Geriátricos Lucenses, S.L.B-2723921099/0030/LU16-4-2003

Rom Video Dixital, S.L.B-3882995097/0008/PO10-7-2003