De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, na que se lles dará coñecemento do contido íntegro do acto ó que se notifica.
A comparecencia deberase efectuarse ante o órgano de tramitación, Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo; rúa Sáenz Díez, nº 1, baixo, en Ourense, nun prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Advírteselles que en caso contrario se procederá a insta-la resolución dos seus contratos e á incoación do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento da vivenda, co obxecto de adxudicarlla posteriormente a un novo beneficiario.
Ourense, 20 de outubro de 2003.
José Elier Ojea Ureña
Delegado provincial de Ourense
ANEXO
Interesado: Juan Carlos Rodríguez Nogueira.
Último enderezo coñecido: avda. de Compostela, II, nº 4-3º B-A. 32500 A Uceira. O Carballiño.
Indicación do contido do acto que se notifica: requirimento de pagamento das cantidades debidas por recibos pendentes da vivenda identificada co nº de conta 42 do expediente OR-80/020.
Interesada: Rosa M. Diéguez Taboada.
Último enderezo coñecido: r/ Pablo Iglesias, nº 1, bl. 1, 5ºA. 32004 Ourense.
Indicación do contido do acto que se notifica: requirimento de pagamento das cantidades debidas por recibos pendente da vivenda identificada co nº de conta 37 do expediente OR-83/010.