Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 31 de outubro de 2003 Páx. 13.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2003, da Dirección Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, pola que se anuncia o concurso público 3/2003, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, para o servicio de vixilancia e seguridade dos diversos centros dependentes desta xerencia.

A Dirección Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002

(DOG nº 66, do 5 de abril) da Consellería de Sanidade, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

Obxecto: servicio de vixilancia e seguridade dos diversos centros dependentes desta xerencia.

Orzamento: 1.006.074 euros (IVE incluído) (un millón seis mil setenta e catro euros ).

Garantías esixidas:

-Provisional: 20.121,48 euros (vinte mil cento vinteún euros e corenta e oito céntimos).

-Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Forma de adxudicación: concurso público polo procedemento aberto e trámite ordinario.

Prazo de execución: vintecatro meses desde a formalización do contrato, admitindo prórroga nos termos previstos no artigo 198 do TRLCAP.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os criterios que a continuación se especifican:

1. Rebaixas ofertadas sobre o orzamento máximo autorizado: ata 40 puntos.

2. Medios materiais, instalacións e equipos técnicos e melloras dos que dispoña a empresa para a realización do servicio: ata 30 puntos.

3. Plan xeral de seguridade, con indicación de operacións que se van realizar na prestación del: ata 30 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Departamento de Subministración da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, sito en rúa Pasteur, nº 22 (pol. da Grela), 15008 A Coruña; tfno.: 981 251 450; fax: 981 251 666, en días hábiles desde as 9.00 ata as 14.00 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2, segundo andar, antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, ou por correo, na forma indicada no punto 5.2.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida para tal efecto, en acto público, na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria,

sita na Coruña, no paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2, ás 10.00 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar ó seguinte día hábil.

Documentación que terán que achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso será por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 30 de setembro de 2003.

Luis Verde Remeseiro

Director xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol