Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 31 de outubro de 2003 Páx. 13.535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 1 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de pesca relacionado no anexo e de referencia OU-022/03-P, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución do expediente sancionador por presunta infracción á Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992, do 24 de xullo (DOG nº 151, do 5 de agosto).

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, e sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente remitiranse ó delegado provincial desta consellería, para a resolución do procedemento.

De conformidade co artigo 8 do R.P. o pagamento voluntario polo imputado, en calquera momento anterior á resolución, poderá implicar igualmente a terminación do procedemento, sen prexuízo da posibilidade de interpoñe-los recursos procedentes. O importe da sanción farase efectivo na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia empregando o impreso que lle será facilitado nas oficinas desta delegación ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 1 de outubro de 2003.

Míriam Areal López

Instructora

Visto e prace,

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-022/03-P.

Denunciado: Hang Yeong Yeong.

DNI: X0992108A.

Último enderezo coñecido: r/ Benito Briceño, 12. 27400 Monforte de Lemos.

Feito denunciado: pescar con tres canas, máis das permitidas.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.4º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992.

Sanción: 60,10 A.