Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 31 de outubro de 2003 Páx. 13.534

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 26 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de residuos relacionado no anexo e de referencia OU-029/03-RE, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución do expediente sancionador por presunta infracción á Lei de 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, e sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente remitiranse ó delegado provincial desta consellería, para a resolución do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin o expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectivo empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial en Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 26 de setembro de 2003.

Rita Sarria Hermida-Cachalvite

Instructora

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-029/03-RE.

Denunciado: Manuel Gómez Frol.

Derradeiro enderezo coñecido: r/ Barbantiño, 10-baixo. Ourense.

Feito denunciado: verter restos de rótulos luminosos en Plexiglás, na marxe esquerda do río Varón.

Precepto infrinxido e sancionador: art. 34.4º c) en relación co art. 34.3º b) da Lei 10/1998, do 21, de abril de residuos.

Sanción: 300,51 A e a obriga de repone-las cousas ó seu estado anterior á infracción.