Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 31 de outubro de 2003 Páx. 13.534

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se someten a información pública os estudios de impacto ambiental para as selaxes dos vertedoiros de RSU de San Sadurniño e Boimorto (A Coruña), promovidos pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental e os concellos de San Sadurniño e Boimorto, respectivamente.

En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 2º, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública, os estudios de impacto ambiental para as selaxes do vertedoiros de RSU de San Sadurniño e Boimorto.

2. Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Pontevedra.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de trinta (30) días, contandos a partir do seguinte día á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2003.

José Luis Díez Yáñez

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental