Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 31 de outubro de 2003 Páx. 13.535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 1 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de caza relacionado no anexo e de referencia OU-CAZ-2003-0121, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de 26 de novembro de 1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución do expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre caza 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33, do 11 de xullo).

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, e sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente remitiranse ó director xeral de Conservación da Natureza, para a resolución do procedemento.

De conformidade co artio 8 do R.P. o pagamento voluntario polo imputado, en calquera momento anterior á resolución, poderá implicar igualmente a terminación do procedemento, sen prexuízo da posibilidade de interpoñe-los recursos procedentes. O importe da sanción farase efectivo na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia empregando o impreso que lle será facilitado nas oficinas desta delegación provincial ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 1 de outubro de 2003.

Míriam Areal López

Instructora

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-CAZ-2003-0121.

Denunciado: Salvador Estévez Fernández.

DNI: 34724979-Q.

Último enderezo coñecido: Pereiro. 32549 A Mezquita.

Feito probado: transportar en vehículos motorizados armas desenfundadas e listas para o seu uso, aínda que non estivesen cargardas en época hábil e cazar ou portar medios dispostos para a caza sen cumpri-los requisitos establecidos en horas, lugares ou circunstancias prohibidas.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 58.1º da Lei de caza de Galicia 4/1997.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción: multa de 1.803,04 A, retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela durante un ano e un día.