Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 31 de outubro de 2003 Páx. 13.490

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2003 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de outubro de 2003, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

A necesidade de axusta-las condicións dos postos de traballo ós seus cometidos, así como a redistribución de cargas de traballo e a necesidade de dotar de persoal unidades e centros de nova creación, fan necesario a modificación da actual relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Gali

cia, na súa reunión do día dezaseis de outubro de dous mil tres, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dezaseis de outubro de dous mil tres, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

Código - Descrición das titulacións académicas

3015Arquitectura super. ou técnica.

6001Certificado escolaridade.

Código - Descrición das formacións específicas

956Facult. secc. biblioteca (req. indisp.)

957Axudante secc. bibliot. (req. indispes.)

958Facult. secc. museos (req. indisp.)

960Facult. secc. arquivos (req. indisp.)

961Axud. sección arquivo (req. indisp.)

Código - Descrición doutras administracións

A11Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

AXGAdscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.