Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 30 de outubro de 2003 Páx. 13.465

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2003 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación da adquisición de diverso material informático para a creación dun centro de apoio informático da Consellería de Economía e Facenda.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, CIXTEC.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral do CIXTEC.

c) Número de expediente: 19/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de diverso material informático para a creación dun centro de apoio informático da Consellería de Economía e Facenda.

b) Número de unidades para entregar: o indicado no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de entrega: CIXTEC, rúa Domingo Fontán, nº 9, 15702 Santiago de Compostela.

d) Prazo de entrega: 30 días contados desde a sinatura do correspondente contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cincocentos seis mil trescentos corenta euros (506.340 A), IVE incluído.

Lote I: 178.640 A.

Lote II: 327.700 A.

5. Garantía provisional.

2% do orzamento base de licitación: 10.126,80 A.

Lote I: 3.572,80 A.

Lote II: 6.554 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, CIXTEC.

b) Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 26.

e) Telefax: 981 54 12 70.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

O estipulado no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do día 4 de decembro de 2003.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: CIXTEC.

2) Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.

3) Localidade e código postal: 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: admitiranse variantes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: CIXTEC.

b) Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 12 de decembro de 2003.

e) Hora: 13.00 horas.

10. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios irán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: día 14 de outubro de 2003.

12. Páxina web onde poden obterse os pregos: www.cixtec.es.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2003.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable