Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 30 de outubro de 2003 Páx. 13.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2003 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O presidente, actuando en nome e representación do ente público Portos de Galicia, segundo o previsto no artigo 6.3º a) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, resolveu adxudica-las seguintes obras.

1. Entidade adxudicadora: ente público Portos de Galicia.

2. Descrición do obxecto.

a) Muro para estabilización de noiro en Sada.

Adxudicatario: Arias Hermanos, S.A.

Orzamento: 258.426,09 euros.

b) Nova cuberta na lonxa de Ribeira.

Adxudicatario: Indeza, S.L.

Orzamento: 561.811,41 euros.

c) Ampliación da explanada de servicios en Ribeira.

Adxudicatario: ACS, Proyectos, Obras y Construcciones, S.A.

Orzamento: 2.118.916,04 euros.

d) Pavimentación do peirao comercial de Laxe.

Adxudicatario: Auxiliar y General de Servicios, S.L.

Orzamento: 138.000 euros.

e) Urbanización no porto de Burela.

Adxudicatario: Construcciones Cazas e Jesús Martínez (UTE).

Orzamento: 1.023.000 euros.

3. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, número 144, do 28 de xullo de 2003.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Adxudicación: 26-9-2003.

6 .Outras informacións.

En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro, notifícase advirtíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

No obstante, o interesado poderá optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación, ante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réximen xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, pola que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia