Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 30 de outubro de 2003 Páx. 13.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a elaboración e implantación dun modelo de xestión documental das pensións de natureza non contributiva, así como a estructura informática sobre a que se implantará. (Expediente 87/2003).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: elaboración e implantación dun modelo de xestión documental das pensións de natureza non contributiva, así como a estructura informática sobre a que se implantará.

b) Lugar de entrega: nas dependencias da consellería indicadas pola dirección xeral competente.

c) Prazo de entrega: ver punto 8 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto, concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: douscentos corenta e catro mil cincocentos sesenta e nove euros (244.569 euros, IVE incluído).

5. Obtención de documentación e información

Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, edificio administrativo San Lázaro, s/n; 15781 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 56 50. Fax: 981 54 29 08; www.xunta.es/contratacion.

6. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, edificio administrativo San Lázaro s/n, Santiago de Compostela.

8. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no enderezo indicado no punto 6 ás 9.30 horas do oitavo día natural, contado desde o día seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

9. Gastos dos anuncios: 9,56 euros/liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE