Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 30 de outubro de 2003 Páx. 13.461

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a notificación das propostas de resolución de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos que se citan.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, as propostas de resolución dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase seguidamente:

Nome: Agro y Alimentación Panta, S.L.

DNI/NIF: B-27222181.

Nº expediente: LU-E 237/2003.

Precepto infrinxido: 23 o) en relación co 26 e) LO 1/1992.

Último domicilio: r/ Vilalba, 1, esquina avda. Galicia, Ribadeo.

Sanción: 350 euros.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para presentar por

escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Lugo, 30 de setembro de 2003.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo