Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 30 de outubro de 2003 Páx. 13.462

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos que se citan.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás que non se lle puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rafael López Charques e secretario ó xefe de grupo Constantino Alvar Cabido, que poden ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente,

de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xusticia, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para aportar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13-d) do regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro).

Lugo, 30 de setembro de 2003.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

NomeDNI/NIFNº expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioPosible sanción

Celia Mercedes Linares CanarioX-2308452BLU-E 347/200323-e) LO 1/1992Río Narla 44, 7º C, LugoAta 30.050,61 euros e/ou clausura do establecemento polo período de ata 6 meses
Cova Dauga, S.L.B-27269596LU-E 353/200326-e) LO 1/1992R/ Duquesa de Alba 14, Monforte de LemosAta 300,51 euros
Amable Conde Gayoso33828067LU-E 360/200323-o) en relación co 26-e) LO 1/1992Rúa do Valiño 14, 3º A, LugoAta 30.050,61 euros e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses
Amable Conde Gayoso33828067LU-E 337/200326-e) LO 1/1992Rúa do Valiño 14, 3º A, LugoAta 300,51 euros
Amable Conde Gayoso33828067LU-E 342/200323-o) en relación co 26-e) LO 1/1992Rúa do Valiño 14, 3º A, LugoAta 30.050,61 euros e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses
Amable Conde Gayoso33828067LU-E 346/200323-o) en relación co 26-e) LO 1/1992Rúa do Valiño 14, 3º A, LugoAta 30.050,61 euros e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses