Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 30 de outubro de 2003 Páx. 13.461

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos que se citan.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase seguidamente:

Nome: BB+CB (Francisco Lado Saavedra e Manuel Jesús Fernández Pérez).

DNI/NIF: E-27139740.

Nº expediente: LU-E 267/2003.

Precepto infrinxido: 26 e) LO 1/1992.

Último domicilio: Granxas, 22, Covas (Pub BB+), Viveiro.

Resolución: sanción de 250 euros.

Contra estas resolucións poderá interpoñe-lo interesado recurso de alzada, perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtase que de non ser interposto este en tempo e forma deberá aboa-la multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da delegación provincial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo

número do expediente sancionador. Transcorrido este prazo, procederase ó cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Lugo, 30 de setembro de 2003.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo