Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 30 de outubro de 2003 Páx. 13.460

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica L.M.T., C.T. e R.B.T. do Busto, A Armada, Aciveiros e Os Carrís, no concello de Láncara. (Expediente 30/2001 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, e título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorizacións de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

-Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

-Finalidade: mellora da infraestructura eléctrica existente na zona.

-Descricións técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea núa á Armada con orixe no P18 da L.M.T. Encrucillada-Vilarín e remate no C.T. da Armada de 1.221 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56.

2. Liña de media tensión aérea núa dos Carrís con orixe no P6 da L.M.T. ó C.T. da Armada e remate no C.T. dos Carrís de 571 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56.

3. Centro de transformación aéreo de intemperie da Armada de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

4. Centro de transformación aéreo de intemperie dos Carrís de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

5. Rede de baixa tensión aérea na Armada, con orixe no C.T. A Armada de 1.890 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

6. Rede de baixa tensión aérea dos Carrís, con orixe no C.T. Os Carrís de 680 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997, e no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións, nesta delegación provincial (edificio administrativo-Ronda Muralla, 70, Lugo) e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de vinte días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que estimen oportuno, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 23 de setembro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 30/2001Provincia: Lugo

L.M.T., C.T. e R.B.T. no Busto, A Armada, Aciveiros, Os CarrísTermo municipal: Láncara

L.M.T. derivación a C.T. Os Carrís

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1Monte baixoRepresenta: José Antonio López Teijeiro

Purificación Valín Vázquez

A Armada

Láncara (Lugo)

1 e 242282.340

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 30/2001Provincia: Lugo

L.M.T., C.T. e R.B.T. no Busto, A Armada, Aciveiros, Os CarrísTermo municipal: Láncara

L.M.T. derivación a C.T. da Armada

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

3APena do LadrónMonte baixoBlas Pombo LópezSaa-Cedrón

Láncara (Lugo)

1270700

5SuasleirasMonte baixoManuel Férnandez LópezSeoane-Santalla de Lagos, 19

Láncara (Lugo)

35350

6SuasleirasBlas Pombo LópezSaa-Cedrón

Láncara (Lugo)

50100/430

17BCortiñasMonte altoManuel Fernández LópezSeoane-Santalla de Lagos, 19

Láncara (Lugo)

4216320

18ArmadaMonte altoRepresenta: José Antonio López Teijeiro

Purificación Valín Vázquez

A Armada

Láncara (Lugo)

6280800

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL