Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 30 de outubro de 2003 Páx. 13.458

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica L.M.T., C.T. e R.B.T. de Vilarín, A Seara e A Cortella, no concello de Láncara. (Expediente 19/2001 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, e título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorizacións de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

-Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

-Finalidade: mellora da infraestructura eléctrica existente na zona.

-Descricións técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea Encrucillada-Vilarín, con orixe na derivación ó C.T. da Seara-A Cortella e remate na L.M.T. ó C.T. de Vilaesteva de 1.146 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56.

2. Liña de media tensión aérea derivación ó C.T. da Seara con orixe no P18 da L.M.T. Encrucillada-Vilarín e remate no C.T. da Seara de 484 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56.

3. Centro de transformación aéreo de intemperie da Seara de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

4. Rede de baixa tensión aérea de Vilarín, A Seara e A Cortella de 1.730 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997, e no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións, nesta delegación provincial (edificio administrativo-Ronda Muralla, 70, Lugo) e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de vinte días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que estimen oportuno, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 19 de setembro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 19/2001Provincia: Lugo

L.M.T., C.T. e R.B.T. Vilarín-A Seara-A CortellaTermo municipal: Láncara

L.M.T. a C.T. de Encrucillada-Vilarín

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

80RabaceiraMonte altoBlas Pombo López

Cándido Valcárcel Sobrado

Manuel Fernández López

Saa-Cedrón, 7

27367 Láncara (Lugo)

Augalevada-Vilouzán

27367 Láncara (Lugo)

Seoane-Santalla de Lagos, 19

27367 Láncara (Lugo)

661.056

81RabaceiraMonte baixo, pradoBlas Pombo LópezSaa-Cedrón

27367 Láncara (Lugo)

47470

82CañoPradoBlas Pombo LópezSaa-Cedrón

27367 Láncara (Lugo)

26260

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 19/2001Provincia: Lugo

L.M.T., C.T. e R.B.T. en Vilarín-A Seara-A CortellaTermo municipal: Láncara

L.M.T. a C.T. da Seara

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

6SuaairaPradoMaría Freijo VázquezA Seara-Cederrón

27367 Láncara (Lugo)

52435

7SuaairaMonte altoMaría Freijo VázquezA Seara-Cederrón

27367 Láncara (Lugo)

114200

11BCarballeiraMonte altoMaría Freijo VázquezA Seara-Cederrón

27367 Láncara (Lugo)

5227432