Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 30 de outubro de 2003 Páx. 13.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Urbanismo, sobre aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a execución do Plan parcial para a ampliación do parque empresarial Lalín 2000. Concello de Lalín.

Antecedentes:

1. O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) remite o expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do Plan parcial para a ampliación do parque empresarial Lalín 2000, de conformidade co disposto no artigo 143.6º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

2. Por resolución do director xeral do IGVS, do 11 de xuño de 2003, acordouse iniciar, polo procedemento de taxación conxunta, e someter a información pública, o expediente expropiatorio polo prazo dun mes, anunciándose no xornal La Voz de Galicia do 18 de xuño de 2003 e no DOG do 20 de xuño.

3. A taxación foilles notificada individualmente ós que aparecían como titulares de bens e dereitos no expediente, dándolles traslado literal da correspondente folla de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formularan alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificacion, tal e como sinala o artigo 143.4º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

4. O IGVS emitiu informe individualizado sobre cada unha das alegacións presentadas polos interesados, de conformidade co artigo 143.6º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e remítelle o expediente de expropiación forzosa a esta consellería para a súa aprobación definitiva.

Fundamentos xurídicos:

Primeiro.-O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta de conformidade co disposto no artigo 143 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Segundo.-Segundo convenio subscrito entre o Concello de Lalín e o Instituto Galego da Vivenda e Solo, do 2 de xuño de 1990, este último comprometeuse, como administración actuante, a promover e desenvolver unha actuación urbanística de preparación de solo industrial no termo municipal de Lalín. Este convenio foi desenvolvido por un posterior, do 29 de abril de 1997.

O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Lalín, aprobado definitivamente con data do 5 de febreiro de 1999, e publicado no BOP do 8 de marzo, preveu a clasificación de solo para uso industrial-comercial, dada a demanda de parcelas industriais á que non pode facer fronte co terreo dispoñible no polígono industrial de Botos e co parque Lalín-2000 e estima necesaria a ampliación deste último, ó entender que o solo debidamente apto para estes usos practicamente fora esgotado.

Aprobado definitivamente polo Pleno do Concello de Lalín con data do 27 de novembro de 2001 o Plan parcial para a ampliación do parque empresarial Lalín 2000, foi publicado no BOP do 22 de xaneiro e no Diario Oficial de Galicia do 30 de xaneiro de 2002.

En virtude do disposto nos artigos 98 e 166 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, en relación co artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións (LRSV), a devandita aprobación implica a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens afectados.

Terceiro.-O expediente tramitado conta coa documentación preceptiva esixida polo artigo 143.1º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

-Delimitación do ámbito territorial, cos documentos que o identifiquen en canto á situación, superficie e lindes, coa descrición de bens e dereitos afectados e a relación dos seus titulares.

-Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.

-Follas de prezo xusto individualizado de cada predio, nas que se conterá non só o valor do solo, senón tamén o correspondente ás edificacións, obras, instalacións e plantacións.

-Follas de prezo xusto que corresponden a outras indemnizacións.

-A relación de propietarios, predios e superficies afectadas é a seguinte:

Predio nºTitular (apelidos e nome)Superficie que

se vai expropiar

4Consellería de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural

1.680,00

5Pérez Castro, hdros. de José3.760,00

Predio nºTitular (apelidos e nome)Superficie que

se vai expropiar

6Pérez Castro, hdros. de José7.335,00

7Lalín Areán, Emilio e outro30.590,00

8CNES Taboada y Ramos, S.L.3.808,00

10Coego Santos, Mario6.090,00

11Castro López, Luis7.050,00

14Froiz Vila, hdros. de Manuel1.080,00

16Consellería de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural

2.750,00

17Santomé Porral, hdros. de Manuel6.425,00

18Pérez López, Juan1.321,50

19Granja González, Eugenio1.321,50

21Pérez López, Juan1.321,50

23Santomé Porral, hdros. de Manuel610,04

25Negro Cacheda, José559,88

26Pérez López, Juan1.116,56

27García Méndez, Víctor1.018,01

28García López, Josefina1.605,30

29Granja González, Eugenio1.225,39

30Negro Cacheda, José849,82

31García López, Josefina688,44

32Granja González, Eugenio

e Negro Cacheda, María Luisa

9.727,54

33Consellería de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural

870,00

34Santomé Porral, hdros. de Manuel1.282,48

35Bodaño Castro, hdros. de Josefa1.229,38

36Negro Cacheda, Mª Luisa2.494,90

37Granja Lalín, Celia1.339,87

38Areán Fondevila, Sara1.867,05

39Santomé Porral, hdros. de Manuel145,55

40Villar Vázquez, hdros. de Visitación9.257,68

41Concello de Lalín1.092,41

Cuarto.-Os criterios de valoración fixados no proxecto de expropiación axústanse ós establecidos polos artigos 23 e seguintes da Lei 6/1998, sobre réxime do solo e valoracións.

Quinto.-A competencia para aproba-lo expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta correspóndelle por delegación ó director xeral de Urbanismo, de acordo co punto noveno da Orde do 6 de marzo de 2003, sobre delegación de competencias no secretario xeral, e noutros órganos da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (DOG do 12 de marzo).

Na súa virtude, vista a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, a Lei sobre réxime do solo e valoracións, e as demais disposicións aplicables,

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do Plan parcial para a ampliación do parque empresarial Lalín 2000, para os efectos previstos

polos artigos 143 e 144 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, con estimación ou desestimacion das alegacións nos termos que aparecen nos informes de contestación a estas que constan no expediente.

Esta aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación de conformidade co establecido no artigo 144.1º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación de prezo xusto (artigo 144.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia).

Segundo.-Notifica-lo contido desta resolución aprobatoria do expediente ó concello, ó IGVS e de xeito individualizado a tódolos que aparezan como titulares de bens ou dereitos afectados que figuran no expediente, ós que se lles xuntará a correspondente folla de valoración, conferíndolles un prazo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante esta Dirección Xeral de Urbanismo a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 143.7º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, advertíndolles que transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 143.8º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia).

Terceiro.-Publica-la presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello.

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello serviralles de notificación ós propietarios descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto conforme o disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución (artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administra

cións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación, segundo o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa (LXCA). Para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta, non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.

No suposto de que o interesado sexa unha administración pública, no lugar do recurso de reposición poderá dirixirlle ó órgano competente no prazo de dous meses o requirimento previo previsto no artigo 44 da LXCA.

Todo isto sen prexuízo de que no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñen dun prazo de vinte días para manifestala, como se indicou no punto segundo desta resolución, nos termos establecidos polo artigo 143.7º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2003.

Martín Fernández Prado

Director xeral de Urbanismo