Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 30 de outubro de 2003 Páx. 13.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2003 pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentencia 784/1997, de dezanove de xuño, da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto pola sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo número 02/0004834/1994, interposto por José Martínez Torea contra acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de abril de 1993 (DOG do 10 de maio) e o acordo do Concello de Vigo do 14 de xuño de 1993 (BOP do 14 de xullo) pola que se aproba o proxecto de readaptación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo e publicación das normas urbanísticas; dictouse sentencia 784/1997, do dezanove de xuño, agora firme, pola que se estimaba parcialmente o dito recurso.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentencia, este departamento resolve dar publicidade á parte dispositiva da sentencia 784/1997, do 19 de xuño de 1997, que a seguir se transcribe:

«Decidimos: que, rexeitando a alegada causa de inadmisibilidade, debemos estimar e estimamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por José Martínez Torea, contra acordos do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de abril de 1993, e do Concello de Vigo publicado no BOP de Pontevedra do 14 de xullo de 1993, sobre aprobación definitiva do expediente de readaptación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo, á Lei 11/1985, de adaptación da Lei do solo a Galicia e, en consecuencia, debemos anular e anulamos parcialmente o acto impugnado do 29 de abril de 1993

nos extremos destacados no fundamento de dereito oitavo desta sentencia; coa desestimación das restantes pretensións».

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2003.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda