Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 30 de outubro de 2003 Páx. 13.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 22 de outubro de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan aperturas de trámites de audiencia e requirimento para a sinatura da acta pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Recreativos Rías Altas, S.L. e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse aperturas de trámites de audiencia pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia tanto do trámite de audiencia como do requirimento para a sinatura da acta.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 22 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante da secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena 30, Pontevedra, en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida

desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 22 de outubro de 2003.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado Procedemento

Recreativos Rías Altas, S.L.

NIF: B-15074628

R/ Dos Niños, 31-3º C A Coruña

Taxa fiscal sobre o xogo

Máquinas recreativas tipo B

Exercicio: 2002

Recreativos Roberán, S.L.

NIF: B-36027217

Avda. de Marín, 16 baixo, Cangas

Taxa fiscal sobre o xogo

Máquinas recreativas tipo B

Exercicio: 2002

Manuel Expósito Casas, S.A.

NIF: A-36038495

R/ Fontenla, San Juan, Poio

Taxa fiscal sobre o xogo

Máquinas recreativas tipo B

Exercicio: 2002

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA