Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 29 de outubro de 2003 Páx. 13.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CÉDULA do 30 de setembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica resolución de modificación do acordo de concentración parcelaria de Lourido-Sequeiro (Valdoviño).

Intentada a notificación desta resolución por medio do servicio de correos e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase a Manuel Ramos Méndez, do que o último enderezo coñecido é Cantón, 8-4º, 15403 Ferrol (A Coruña), que con data do 23 de xuño de 2003 o director xeral de Infraestructuras Agrarias dictou resolución de modificación do acordo de concentración parcelaria da zona de Lourido-Sequeiro, que se transcribe literalmente no que lle afecta.

«O acordo de concentración parcelaria da zona de Lourido-Sequeiro (Valdoviño-A Coruña) foi aprobado pola Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, con data do 15 de febreiro de 2000, e publicado mediante avisos insertos no DOG do 3 de abril de 2000, no BOP do 31 de marzo e no taboleiro de edictos do Concello de Valdoviño durante o tempo preceptivo.

En data do 19 de xullo de 2000 publicouse no DOG o aviso de toma de posesión provisional dos novos predios.

Con posterioridade á toma de posesión foron presentados diversos escritos de reclamacións de superficie e de erros materiais, polos seguintes propietarios:

Reclamacións de superficie:

...

7. Luciano Romero Méndez (prop. nº 671) formula reclamación de 422 m de falta de superficie no predio nº 672, segundo o informe pericial que repre

senta un 4,9% de diferencia con respecto á atribuída no acordo.

...

Vistos os informes técnicos emitidos polo persoal do Servicio Provincial de Infraestructuras Agrarias da Coruña, a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en redacción dada a esta pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións legais aplicables, esta dirección xeral

RESOLVE:

1. En relación ás reclamacións de superficie:

...

1.7. Modifica-la delineación do plano do acordo desprazando 1,80 m a liña que conforma a linde entre os predios nº 670 de Manuel Ramos Méndez (prop. nº 578) e o predio nº 672 de Luciano Romero Méndez, segundo o plano que se achega, sen que se modifique a superficie dos referidos predios.

...

3. Notifíquese a presente resolución ó Ministerio Fiscal e ós demais interesados, segundo a lexislación vixente.

Contra a devandita resolución, que non é defintiva na vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural no prazo dun mes, contado desde o día seguinte desta notificación».

A Coruña, 30 de setembro de 2003.

Jesús Collar Urquijo

Delegado provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO