Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 29 de outubro de 2003 Páx. 13.414

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2003 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia, da obra de reforma do centro de recursos zooxenéticos de Galicia (Coles-Ourense).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obra de reforma do centro de recursos zooxenéticos de Galicia (Coles-Ourense), de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: o que se especifica no prego de cláusulas administrativas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 1.631.316,76 euros.

Ano 2003: 879.365,93 euros.

Ano 2004: 751.950,83 euros.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento de licitación.

Definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio de Producción Gandeira, da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

b) Domicilio: San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 61 99.

e) Telefax: 981 54 67 98.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, agás sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratación.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará ó día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará ós trece días naturais, ás 14.00 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses, contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Posibilidade de variantes.

Non se admiten variantes nin reducción do prazo de execución.

9. Clasificación.

Grupo C, categoría E.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Sala de Xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da consellería, o cuarto día hábil seguinte

ó da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 13.00 horas.

11. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2003.

P.D. (Orde 19-9-2003)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Política

Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural