Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 29 de outubro de 2003 Páx. 13.410

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2003 pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dos servicios para o soporte e apoio ó desenvolvemento e actualización das aplicacións web relativas á xestión do concurso de traslados do persoal docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: SX 15/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: prestación dos servicios de soporte e apoio ó desenvolvemento e actualización das aplicacións web, relativas á xestión do concurso de traslados do persoal docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Lugar de execución: nos locais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e da empresa adxudicataria, se é o caso, de acordo coas directrices dadas pola consellería.

d) Prazo de execución: seis (6) meses, contados desde a data sinalada no documento de formalización do contrato, ou, no seu defecto, desde o día seguinte ó da súa sinatura.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 70.000 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisoria: 1.400 euros.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de información e documentación.

6.1. Información:

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo, San Caetano s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 44 91.

e) Telefax: 981 54 54 43.

6.2. Documentación:

a) Enderezo: Copy Estudio: Rúa Nova de Abaixo, 19-20, Santiago de Compostela (A Coruña).

b) Teléfono: 981 59 33 85.

c) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos á contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3252

6.3. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: especificados no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do oitavo día natural seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en domingo ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ata as 14.00 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou por correo, dentro do prazo de admisión, nos termos establecidos no artigo 80.4º do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2. Domicilio: edificios administrativos, San Caetano s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas, 1ª planta).

b) Domicilio: edificios administrativos, San Caetano s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15704.

d) Data: o sexto día natural seguinte o do remate da presentación de ofertas. De coincidir en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte.

e) Hora: 12.00 horas.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2003.

Néstor Valcárcel Teijeiro

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria