Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. Castro.
Situación: concello de Dozón.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV, con conductor tipo LA-56 de 16 m de lonxitude, con orixe no apoio HV-630/15 existente da L.M.T. LAL802 ó polígono Dozón e remate no C.T. proxectado, de 50 kVA R.T. 20 kV/380-220 V situado no Castro, no concello de Dozón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 12 de setembro de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra