Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 29 de outubro de 2003 Páx. 13.409

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2003 pola que se anuncia a contratación, polo trámite urxente, mediante o sistema de concurso público e procedemento aberto, das obras de cubrición de pista polideportiva no CEIP número 1 de Foz (Lugo).

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en Lugo.

2. Obra obxecto de licitación de carácter individualizada e autónoma.

2.1. Número de expediente: LU 08/03R.

2.1.1. Obxecto do contrato:

a) Cubrición de pista polideportiva no CEIP nº 1 de Foz.

b) Lugar de execución: Foz (Lugo).

c) Prazo de execución: 2 meses.

2.1.2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto. Forma: concurso.

2.1 3. Orzamento base de licitación. Importe total: 95.658,80 A.

2.1.4. Garantía provisional: non se esixe.

2.1.5. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

2.1.6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación do contratista: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

2.1.7. Os pregos de cláusulas administrativas particulares relativos a esta obra poderanse obter no seguinte enderezo de Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3233.

3. Obtención de documentación e información: o proxecto, prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, estará á disposición dos licitadores para o seu exame,

durante o prazo de presentación de proposicións, nos días laborables desde as 9.00 ás 14.00 horas no Servicio de Contratación da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo, sita na Ronda da Muralla, 70-2º andar 27071-Lugo. Teléfono 982 29 41 90, nº fax 982 29 41 52 e a través do referido enderezo da Internet.

4. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite: antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do edificio administrativo da Xunta, sito na Ronda da Muralla, 70-baixo, Lugo. Tamén poderán presentarse mediante o seu envío por correo, e neste suposto, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión de oferta mediante fax e na forma que se establece no artigo 80 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto 1098/2001) e no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: ver prego.

5. Apertura das ofertas: a apertura das ofertas será realizada en acto público, pola mesa de contratación, a partir das 10 horas do sexto día natural seguinte ó do peche de admisión de ofertas, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo (Ronda Muralla, 70-2º andar). No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

6. Os gastos deste anuncio serán por conta da empresa adxudicataria.

Lugo, 21 de outubro de 2003.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

Jaime Santoalla Varela

Delegado provincial de Lugo