Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 29 de outubro de 2003 Páx. 13.404

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (363/2003).

Eu, Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dá fe e testemuño que nos autos de xuízo número 363/2003, seguidos por instancia de Fernando Villar Montoto contra a empresa Línea Aeterna, S.L. sobre cantidade, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia.-Lugo, catro de agosto de dous mil tres.

Vistos por Fernando López-Guitián Castro, maxistrado xuíz substituto do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal nº 363/2003, sobre reclamación de cantidade, no que son partes, como demandante, Fernando Villar Montoto, acompañado do letrado Xermán Vázquez Díaz e, como parte demandada, a empresa Línea Aeterna, S.L., que non compareceu malia estar citada en legal forma.

Decido que estimando a demanda sobre cantidade interposta por Fernando Villar Montoto contra a empresa Línea Aeterna, S.L., debo condenar e condeno a demandada a lle satisfacer ó demandante a cantidade de mil douscentos cincuenta e seis euros con vintecatro céntimos de euro (1.256,24 euros), polos conceptos expresados no feito probado segundo desta resolución.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela non cabe interpor recurso, polo que se declara a sua firmeza (ex. art. 189.1 TRLPL, 100 da LPL e 248.4º LOPX).

Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. Fernando López-Guitián. Rubricado.

Publicación.-A anterior sentencia foi lida e publicada polo maxistrado que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Línea Aeterna, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o trinta de setembro de dous mil tres.

Eu, Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dá fe e testemuño que nos autos de xuízo número 363/2003, seguidos por instancia de Fernando Villar Montoto contra a empresa Línea Aeterna, S.L. sobre cantidade, se dictou auto de aclaración de sentencia cunha parte dispositiva que di:

«Procede aclara-la sentencia do 4-8-2003 no sentido de lle engadir á súa resolución, que se condena a demandada Línea Aeterna, S.L., ademais da cantidade consignada nel, ó aboamento do 10% de xuro por mora salarial desde a data do devengo ata o seu completo pagamento».

Notifíqueselles ás partes este auto, coa advertencia de que contra el non cabe interpor recurso (art. 100 LPL, 189.1 TRLPL e 248.4º LOPX).

Así, por este meu auto, acórdoo, mándoo e asínoo. Fernando López-Guitián Castro. Rubricado.

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Línea Aeterna, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este auto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o trinta de setembro de dous mil tres.