Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 29 de outubro de 2003 Páx. 13.404

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (430/2003).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos nº 430/2003, por instancia de Emilio Rey Seijo e outro contra Palla Motor, S.L., sobre despedimento nos que recaeu sentencia con data do 24-9-2003 que, copiada nos seus particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por Emilio Rey Seijo e Manuel Javier López Santiago contra a empresa Palla Motor, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ós demandantes en data 2-5-2003, condenando a demandada a que no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión dos traballadores nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ou o aboamento das cantidades de 7.261,71 euros para o primeiro deles e 321,31 para o segundo, en concepto de indemnización e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a readmisión, e que a día de hoxe ascenden á suma de 2.438,03 para Emilio Rey Seijo, e 4.742,13 para Manuel Javier López Santiago.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recurrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, é indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado na conta aberta no Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Vitoria, S.A.) co número 5605 0000 60 0430 03, a cantidade obxecto de con

dena. Poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non se poderá ter por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar ademais, a cantidade de 150,25 euros na mesma conta, 5605 0000 65 0430 03 e entrega-lo xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso, que se declarará desistido de non constitutírse este depósito na forma indicada. Definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa Palla Motor, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 24 de setembro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado