Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 29 de outubro de 2003 Páx. 13.399

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2003 pola que se convoca un curso sobre intervención policial.

Dentro das actividades programadas para o ano 2003 en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e a Deputación Provincial de Ourense, anúnciase a celebración dun curso sobre intervención policial, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

Acadar un adecuado manexo dos medios materiais que se utilizan no eido da intervención policial, especialmente nos casos do establecemento de controis estáticos, na protección de personalidades e nas manifestacións e/ou espectáculos de masas, para consegui-las suficientes habilidades e destrezas que permitan unha mellor competencia profesional.

Publicación.

Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación

Provincial de Ourense, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Ourense.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros dos corpos de policía local da provincia de Ourense.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 19 de novembro de 2003, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial de Ourense, Departamento de Formación

Continua (fax: 988 38 52 15): rúa Progreso nº 30, 32003 Ourense; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase en datas do 24 ó 28 de novembro e do 1 ó 4 de decembro de 2003.

O horario será de 17.00 a 20.20 horas.

Contido.

O curso desenvolverase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse os seguintes módulos:

I. A comunicación.

II. Factores psicolóxicos nas situacións de risco.

III. Normas de seguridade con armas.

IV. Técnicas de autoprotección.

V. Protocolos de actuación operativa fronte a persoas armadas.

VI. Cacheo e rexistro policial.

VII. Actuación diante de artefactos explosivos.

VIII. Protocolo de actuación nas ameazas de bomba.

IX. Simulacro final de actuación diante de ameazas de bomba.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase publica o día 21 de novembro a partir das 14.00 horas, tanto pola Deputación Provincial de Ourense como pola Academia Galega de Seguridade, e os interesados poden coñecer e confirma-la súa asistencia chamando ós teléfonos 986 59 00 21 (AGS) ou 988 38 51 42 (Departamento de Formación Continua da Deputación Provincial de Ourense).

Lugar.

O curso desenvolverase nas aulas do centro cultural da Deputación Provincial de Ourense sito na rúa Progreso nº 30.

Certificado de aproveitamento.

Ó remate do curso entregaráselles un certificado de aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nel e superen as correspondentes probas de coñecementos.

Modificacións.

Tanto a Academia Galega de Seguridade como a Deputación Provincial de Ourense, se é o caso, poderán modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 21 de outubro de 2003.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade