Dentro das actividades programadas para o ano 2003 en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e a Deputación Provincial de Pontevedra, anúnciase a celebración dun curso sobre dilixencias á autoridade xudicial por alcoholemias, que se deberá desenvolver conforme as seguintes bases:
Obxectivos.
O curso ten por obxectivo xeral dota-los policías dos coñecementos normativos e operativos fundamentais para o trámite de todo tipo de dilixencias relacionadas co tráfico e a seguridade viaria. Así como coñece-la actualización recente sobre delictos que se van xulgar polo procedemento de urxencia e tódolos aspectos relacionados con estes.
Publicación.
Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra.
Destinatarios.
O curso vai dirixido ós membros dos corpos de policía local da provincia de Pontevedra.
Inscrición.
A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.
Prazas.
30 prazas.
Solicitudes.
1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.
2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 19 de novembro de 2003, ás 14.00 horas.
3. As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial de Pontevedra, Área de Recursos Humanos e Formación (fax: 986 80 41 41): avenida Montero Ríos, s/n, 36001 Pontevedra; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Datas.
O curso realizarase en datas do 24 ó 28 de novembro de 2003.
O horario será de 16.30 a 20.30 horas.
Contido.
O curso desenvolverase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse os seguintes módulos:
I.-Os accidentes e os delictos contra a seguridade do tráfico, desde o punto de vista xudicial. Tipos e clases. A adopción de medidas cautelares.
II.-O atestado policial. Conceptos e dilixencias xerais do atestado.
III.-O atestado por accidente de tráfico. Dilixencias e informes necesarios que deben completa-lo atestado. A investigación de accidentes de tráfico.
IV.-A alcoholemia nos conductores. A intervención policial nestes casos. Dilixencias que deben desenvolver segundo as circunstancias.
V.-Outros delictos contra a seguridade do tráfico. A importancia destes. A instrucción de atestados e as dilixencias que comprenden.
Relación de admitidos.
A relación de admitidos farase pública o día 21 de novembro a partir das 14.00 horas, tanto pola Deputación Provincial de Pontevedra como pola Academia Galega de Seguridade. Os interesados poden coñecer e confirma-la súa asistencia chamando ós teléfonos 986 59 00 21 (AGS) ou 986 80 41 00, ext. 306/307 (Área de Recursos Humanos e Formación da Deputación Provincial de Pontevedra).
Lugar.
O curso desenvolverase no Concello de Gondomar, quedando por concreta-lo seu lugar de realización, que se comunicará previamente xunto coa lista de admitidos.
Certificado de asistencia.
Ó remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.
Modificacións.
Tanto a Academia Galega de Seguridade como a Deputación Provincial de Pontevedra, se é o caso,
poderán modifica-lo desenvolvemento normal do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
A Estrada, 21 de outubro de 2003.
Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade