Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 29 de outubro de 2003 Páx. 13.386

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Feiraco, S. Coop. Galega.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Feiraco S. Coop. Galega (código convenio 1500612), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28-8-2003 e complementado o 26-9-2003, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo comité de empresa o día 28-7-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre

rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 2 de outubro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo para a empresa Feiraco, S. Coop. Galega. Ano 2003

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

As normas deste convenio regulan as relacións do traballo dos traballadores de Feiraco, S. Coop. Galega que, con carácter fixo ou eventual, prestan os seus servicios nos centros de traballo da empresa na provincia da Coruña.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Este convenio afectará a tódolos traballadores que presten os seus servicios na cooperativa, calquera que sexa a súa función ou centro de traballo. Quedan excluídas as persoas que desempeñan funcións de alta dirección, goberno ou consello.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

As condicións deste convenio rexerán durante un ano, entrando en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2003, con independencia da data da súa publicación no BOP.

Artigo 4º.-Denuncia.

A denuncia deste convenio efectuarase por escrito por calquera das partes cunha antelación mínima de dous meses á terminación da súa vixencia. En caso de non efectuar tal denuncia na debida forma e antelación, entenderase prorrogado de ano en ano.

Artigo 5º.-Compensación e absorción.

As condicións económicas establecidas neste convenio compensan os diferentes conceptos que con anterioridade viñan rexendo. Toda variación económica que afecte a todos ou algúns dos conceptos retributivos establecidos por futura disposición legal, será absorbida polas melloras pactadas neste

convenio, e unicamente terá eficacia práctica se considerados en conxunto anual superan o nivel deste.

Artigo 6º.-Vinculación á totalidade.

O convenio de dereitos e obrigas pactadas neste convenio, constitúe un todo indivisible e por conseguinte, a non aceptación dalgunha ou algunhas das condicións supoñen a nulidade da totalidade.

No caso de que parcial ou totalmente algún artigo deste convenio se declara nulo pola autoridade laboral competente, a comisión paritaria procederá a repara-las deficiencias observadas, e se non houbese acordo levarase a cabo unha nova negociación.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 7º.-Facultade de dirección.

A organización do traballo corresponde á dirección da empresa quen poderá establecer cantos sistemas de organización, racionalización, automatización, modernización, estructuración das seccións ou departamentos da empresa que considere oportunos, así como o mando, que exercerá a través das canles xerárquicas que se establezan, todo iso nas condicións dispostas pola vixente lexislación.

Artigo 8º.-Disciplina nos centros de traballo.

As relacións de subordinación desenvólvense sempre coa máxima corrección e dentro da máis estricta disciplina.

Artigo 9º.-Traballo de superior e inferior categoría.

Por necesidades do servicio, a empresa poderá colocar a un traballador a realizar tarefas superiores ó posto que ocupa, e durante este período a empresa aboará a diferencia de salario entre a súa categoría e a desempeñada.

Igualmente, poderá colocar a un traballador a realizar tarefas inferiores ó posto que ocupa, e non por iso, esta circunstancia debe ir en prexuízo das percepcións da categoría que ten asignada, sempre e cando non menoscabe a dignidade persoal e profesional do traballador. En ámbolos casos non poderá exceder de tres meses.

Capítulo III

Réxime de traballo

Artigo 10º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo durante a vixencia deste convenio, con independencia de que sexa continuada ou partida, será de trinta e nove horas semanais.

Na xornada continuada establécese un descanso de, quince minutos para o bocadillo que será considerado como tempo efectivo de traballo.

Artigo 11º.-Horas extraordinarias.

A relación de horas extraordinarias na cooperativa axustarase ós seguintes criterios:

a) Reduciranse as horas extraordinarias ás mínimas imprescindibles.

b) As horas extraordinarias por causa de forza maior realizaranse as que veñan esixidas para previr e reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, as cales non se terán en conta, nin para efectos de duración máxima da xornada ordinaria laboral, nin para o cómputo do número máximo de horas extraordinarias autorizadas, sen prexuízo do seu aboamento como se se tratase de horas extraordinarias.

c) Entenderanse como horas extraordinarias estructurais as necesarias para atender pedidos, períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda, mantemento e demais circunstancias derivadas da específica natureza das actividades de que se trata. Todo iso, sempre que non sexa posible atender aquelas necesidades por contratacións temporais ou a tempo parcial, previstas pola lei.

As horas extraordinarias motivadas por causa de forza maior e as estructurais, notificaranse mensualmente á autoridade laboral, segundo se prevé no artigo 2 do Real decreto 1858/1981, do 20 de agosto.

Artigo 12º.-Servicios de reparto e distribución.

A actividade do persoal destes servicios, aínda con suxeición a normas dictadas pola empresa, desenvólvese con relativa independencia, polo que o ritmo de intensidade do seu traballo depende, en grande maneira do carácter específico e particular do seu labor; por conseguinte, ademais dos emolumentos que perciben con carácter xeral os demais productores, este persoal terá asignada unha prima e/ou incentivo na venda e distribución, o cal estará calculado de modo que cubra a posible prolongación da súa xornada, debido ás especiais incidencias do seu traballo. Por iso, tal prolongación, aínda debidamente retribuída, non ten carácter de horas extraordinarias nin se verificará cálculo especial por este concepto.

Capítulo IV

Vacacións, licencias e descanso semanal

Artigo 13º.-Vacacións.

O persoal, calquera que sexa a súa categoría profesional, terá dereito a unhas vacacións retribuídas de trinta días naturais, co 100 por 100 do salario real. As vacacións desfrutaranse na data sinalada no devandito calendario e comezarán sempre o día 1 ou 16 do mes, sen prexuízo do día da semana.

Quen comece ou cese no transcurso do ano terá dereito á parte proporcional ó número de meses traballados, computándose como mes completo a fracción del.

As vacacións serán concedidas de forma rotativa de xaneiro a decembro, sempre de acordo coas necesidades do servicio, procurándose compracer os traballadores en canto a época de desfrute.

Ó obxecto de facilita-la súa planificación, dentro do primeiro mes do ano, e en todo caso con dous meses de antelación serán confeccionados os oportunos calendarios, de acordo co comité de empresa.

Artigo 14º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, terá dereito a licencia con remuneración salarial por algún dos motivos e tempos seguintes:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Tres días naturais en caso de nacemento de fillos.

c) Tres días naturais en caso de falecemento, accidente ou enfermidade grave ou hospitalización de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade (cónxuxe, pai ou nai dun ou doutro cónxuxe, fillos, netos, avós ou irmáns). Se o feito tivese lugar en distinta provincia á residencia do traballador, a licencia ampliarase a cinco días naturais. A gravidade da enfermidade haberá que xustificala con certificado médico ou outro medio que o acredite suficientemente.

d) Un día en caso de falecemento de tíos.

e) Un día por traslado de domicilio habitual.

f) O día do bautizo ou primeira comuñón dos fillos.

g) Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nalgunha norma legal ou convencional un período determinado, rexerá o que esta dispoña en canto á duración da ausencia e a súa compensación económica.

h) Necesidade de atender persoalmente asuntos propios de xustificada urxencia, ata tres días naturais.

As licencias ás que se refiren as letras b), c), d), e), f) e g), concederanse no acto, sen prexuízo das sancións que poidan impoñerse se as causas que alegan resultasen falsas.

Artigo 15º.-Excepción ó descanso dominical.

Por tratarse de industrias nas que a materia precisa unha elaboración inmediata, de conformidade coa vixente Lei de descanso dominical e regulamento para a súa aplicación, o persoal necesario para o traballo en domingo e festivos oficiais, poida quedar exceptuado do descanso dominical e do correspondente ós días festivos desfrutando, en compensación, dun día completo de descanso noutro día da semana seguinte.

Un mesmo traballador non poderá traballar máis de dous domingos ou festivos consecutivos.

Capítulo V

Condicións económicas e sociais

Artigo 16º.-Conceptos retributivos.

As retribucións do persoal comprendido neste convenio estarán compostas do salario base e os complementos que se detallan e corresponden á xornada normal que se fixa no artigo 10º:

-Persoais: antigüidade.

-De posto de traballo: nocturnidade, penosidade, e complemento de dedicación plena.

-Por cantidade ou calidade de traballo: prima de asistencia.

-De vencemento periódico superior ó mes: pagas extraordinarias.

-Os recibos de salarios deberán reflectir tódolos conceptos retributivos que perciban os traballadores.

Artigo 17º.-Salario base.

Na táboa anexa primeira descríbense as retribucións que por este concepto corresponden a cada traballador conforme a súa categoría profesional e rendemento normal durante a xornada de traballo.

Establécese a correspondente táboa para o período do 1 de xaneiro ó 31 de decembro do ano 2003, cun incremento do 2,3% sobre tódolos conceptos retributivos.

No caso de que no ano 2003 o IPC suba por riba do 2,4%, os traballadores terán dereito, nun período no superior a 60 días, a percibi-las diferencias salariais en concepto de atrasos.

Artigo 18º.-Antigüidade.

Os traballadores fixos comprendidos neste convenio desfrutarán en concepto de antigüidade dun complemento periódico polo tempo de servicios prestados en dous bienios do 5 por 100 e, cumpridos estes, catro quinquenios do 10 por 100, calculados en ámbolos casos sobre os salarios base vixentes en cada momento, ata un máximo dun 50 por 100 do dito salario base.

Artigo 19º.-Complemento de nocturnidade.

O complemento de nocturnidade durante a vixencia deste convenio será o 25 por 100 sobre o salario do convenio.

Terán dereito á percepción do citado complemento aqueles traballadores que traballen durante o período comprendido entre as dez da noite e as seis da mañá. Os traballadores que non traballen toda a xornada no dito período, percibirán este complemento en proporción ó tempo traballado salvo os que traballen máis da metade da xornada no dito período que terán dereito a este complemento na súa totalidade.

Exclúense do percibo do expresado suplemento, o persoal de gardería e vixilancia que realicen a súa función durante a noite.

Artigo 20º.-Complemento de perigosidade e toxicidade.

Os traballadores pertencentes á sección de gasóleos, que habitualmente transporten ou manipulen substancias perigosas, inflamables, tóxicas ou explosivas, terán dereito a un complemento de 55 euros mensuais para o ano 2003.

Durante os próximos cinco anos e sempre con cada negociación colectiva, a contía deste complemento verase incrementada anualmente na cantidade de 10 euros máis a porcentaxe correspondente á revisión

salarial que se pacte cada ano, con efectos do 1 de xaneiro.

Unha vez concluído o incremento pactado no punto anterior, actualizarase ou revalorizarase nos termos que resulten de cada negociación colectiva.

En todo caso, non haberá dereito a este complemento no período de vacacións.

Artigo 21º.-Complemento de dedicación plena e dirección.

Os traballadores que desempeñen postos de grande responsabilidade, dirección e dedicación plena desfrutarán dun complemento salarial por este concepto, segundo a valoración dos mesmos a criterio da empresa.

Artigo 22º.-Complemento de asistencia.

Establécese un complemento de asistencia de 3,83 euros para o ano 2003, por día efectivo de traballo, calquera que sexa a condición ou categoría profesional do traballador, sen que se compute para efectos de antigüidade, horas extraordinarias e devengos de días festivos non recuperables. Non terán dereito a este complemento os traballadores que perciban o complemento de dedicación plena e dirección.

Artigo 23º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense as pagas extraordinarias de xullo, Nadal e beneficios, que consistirá cada unha nun mes do soldo base deste convenio, aumentada coa antigüidade que teña o traballador.

As pagas de xullo e Nadal aboaranse o día 17 de xullo e 22 de decembro respectivamente, e a de beneficios antes do día 15 de maio, festividade de Santo Isidro.

Ó persoal que ingrese ou cese na empresa no transcurso do ano aboaránselle as gratificacións en razón ó tempo de servicio, computándose as fraccións de mes como completos.

Os traballadores en situación de baixa por enfermidade, accidente ou licencia, percibirán as gratificacións extraordinarias na parte que lle corresponda como se estivesen en activo.

Artigo 24º.-Prima por domingos e festivos traballados.

O traballador que realice xornada en domingo ou festivos, independentemente do descanso que desfrute entre semana, percibirá unha prima de 12,28 euros para a ano 2003, por cada domingo ou festivo traballado.

Artigo 25º.-Prima ou incentivos por venda e distribución.

Ós conductores de venda e distribución de leite envasado e pensos, aboaráselles unha prima ou incentivo por este concepto, que consistirá para os conductores vendedores de leite en 0,01 euros, litro; 0,05 euros, quilo de manteiga vendida polo conductor; 21,04 euros, quilo de nata; 0,01 euros por

iogur; e 0,01 euros por litro de leite cobrado ó contado en compensación ó quebranto de moeda; e para os de penso 0,054 euros, bolsa. Esta prima ou incentivo cubrirá, en todo caso, o exceso de xornada que realice o conductor, así como os gastos de comida, non tendo dereito a ningunha outra indemnización por estes conceptos, sen que compute para efectos da Seguridade Social.

Artigo 26º.-Quebranto de moeda.

Os traballadores que teñan dereito a esta retribución percibirán mensualmente por este concepto as seguintes cantidades:

-Xefe de caixa: 35,72 euros para o ano 2003.

-Caixeiro axudante, caixeiros de axencias e báscula: 22,49 euros para o ano 2003.

-Caixeiros de supermercados: 15 euros para o ano 2003.

Artigo 27º.-Gastos de desprazamento.

Os traballadores que por necesidade da empresa teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos a poboacións distintas daquela en que radique o seu centro de traballo, percibirán se é o caso e respectivamente, as seguintes cantidades: por xantar 10,24 euros; por cea 8,23 euros; por aloxamento 13,80 euros, e por almorzo 2,75 euros.

En todo caso, a empresa poderá esixi-los oportunos comprobantes.

Artigo 28º.-Complementos en situación de baixa por incapacidade temporal.

Para mellora-la posición dos traballadores en situación de baixa por incapacidade temporal, causada por enfermidade ou accidente aboaranse, sobre as prestacións da Seguridade Social, os seguintes complementos:

a) Nos casos de enfermidade común e accidente non laboral, debidamente comprobados, o traballador enfermo percibirá con cargo á empresa como complemento, a partir do cuarto día de baixa e ata o vinte, a diferencia entre o aboado pola Seguridade Social e o 100 por 100 de tódolos emolumentos salariais, pactados neste convenio, menos o complemento de asistencia e o complemento de perigosidade e toxicidade. A partir do día 21, a empresa aboaralle a diferencia ata completa-lo salario real do traballador. É dicir, salario base, antigüidade, complemento de asistencia e outros complementos se os tivese, ata un máximo de dezaoito meses.

b) Cando a incapacidade temporal, debidamente comprobada sexa consecuencia de accidente de traballo ou enfermidade profesional, ou de enfermidade común ou accidente non laboral que precisen hospitalización, o traballador afectado percibirá a cargo da empresa, a partir do primeiro día e ata o máximo de dezaoito meses, a diferencia entre a cantidade aboada pola Seguridade Social, e o salario total pactado neste convenio.

Artigo 29º

Ó persoal que lle sexa recoñecida, ben polo organismo competente e/ou polos servicios médicos da empresa, unha diminución da súa capacidade para o desenvolvemento do seu traballo habitual como consecuencia de enfermidade ou accidente, a empresa destinarao a un posto de traballo acorde coas súas facultades, adaptándose o traballador, en canto a categoría e emolumentos, a esta situación.

Artigo 30º

Todo conductor que con vehículo da empresa, se vexa privado temporalmente do permiso de conducir, por causa de imprudencia simple, como consecuencia de resolución xudicial ou administrativa, sen mediar embriaguez do mesmo, terá dereito a desempeñar, sen perda de categoría laboral, o posto que eventualmente puidera asignarlle a empresa.

Capítulo VI

Clasificación, segundo a función, categoría

e definicións

Artigo 31º.-Clasificación xeral.

O persoal ó servicio da empresa Feiraco, S. Coop. Ltda., clasificará, en atención á función que desempeñe, nalgún dos seguintes grupos:

1. Persoal directivo.

2. Persoal técnico.

3. Persoal auxiliar de laboratorio.

4. Persoal de informática.

5. Persoal administrativo.

6. Persoal comercial.

7. Persoal de producción.

8. Persoal de mantemento e transporte.

9. Persoal subalterno.

Artigo 32º.-Persoal directivo.

Defínese como persoal directivo, o previsto como tal no artigo 2.1º a) do Estatuto dos traballadores, sen prexuízo do excluído do ámbito laboral polo artigo 1.3º c) do mesmo texto legal.

Artigo 33º.-Persoal técnico.

Este grupo comprende as seguintes categorías:

-Técnicos xefes.

-Técnicos superiores.

-Técnicos medios.

-Xefes de fabricación.

-Xefes de control leiteiro.

-Xefes de sección.

Artigo 34º.-Definicións do persoal técnico.

a) Técnico xefe: é o que posuíndo un título superior ou coñecementos equivalentes na materia, recoñecidos pola empresa, dirixe dentro de cada fábrica

ou grupos de fábricas, laboratorio, sección, etc., o inherente ó proceso operatorio ou estudios do mesmo, ocupándose da súa mellora e/ou perfeccionamento e cantas esixencias precise a súa elaboración. Ten o mando directo sobre os demais técnicos e a responsabilidade do traballo, disciplina e seguridade persoal.

b) Técnicos superiores: son os que posuíndo un título profesional oficial, de carácter universitario ou de escola técnica de grao superior ou coñecementos equivalentes na materia, recoñecidos pola empresa, realizan na mesma funcións propias dos ditos títulos ou coñecementos e que están retribuídos mediante soldo, sen suxeición por conseguinte, á escala habitual de horarios da súa profesión.

c) Técnicos medios: son os que posuíndo título facultativo de grao medio ou de escola universitaria ou coñecementos equivalentes na materia, recoñecidos pola empresa, desempeñan as funcións propias dos ditos títulos ou coñecementos ás ordes inmediatas da dirección, técnicos xefes e técnicos superiores.

d) Xefes de fabricación: son os que ás ordes do director da fábrica ou superiores xerárquicos e baixo a súa responsabilidade asumen a dirección e vixilancia dos procesos de fabricación, ordenando a forma en que o traballo ha de desenvolverse, estando á fronte do persoal que realiza as tarefas técnicas e/ou manuais para a elaboración dos productos.

e) Xefes de control leiteiro: son os que teñen ó seu cargo a organización das zonas de recollida de leite, con persoal baixo as súas ordes, itinerarios e transporte, clasificación de calidades de leite, disciplina e responsabilidade de traballo, etc.

f) Xefes de sección: son os que ás ordes inmediatas dos directores de fábricas, técnicos ou do xefe de fabricación, teñen o mando directo sobre os encargados e o persoal da sección, sendo a súa función a de vixilancia e coordinación das distintas fases de producción.

Artigo 35º.-Persoal auxiliar de laboratorio.

Están encadrados neste grupo:

1. Auxiliar de laboratorio.

2. Aspirante a auxiliar de laboratorio.

Artigo 36º.-Definicións do persoal de laboratorio.

a) Auxiliar de laboratorio: é quen realiza funcións meramente materiais e mecánicas nos traballos de laboratorio, e para as que non se require título profesional.

b) Aspirante a auxiliar de laboratorio: entenderase por aspirante o empregado que traballa en labores propios de laboratorio, preparándose, mediante a súa práctica, para o paso á categoría de auxiliar.

Artigo 37º.-Persoal de informática.

Comprende este grupo o seguinte persoal:

1. Xefe de equipo de informática.

2. Analista.

3. Xefe de explotación.

4. Programador de ordenador.

5. Operador de ordenador.

Artigo 38º.-Definicións do persoal de informática.

a) Xefe de equipo de informática: é o técnico que ten ó seu cargo a dirección e planificación das distintas actividades que coinciden na instalación e posta en explotación dun ordenador de tipo grande, medio ou pequeno, así como responsabilidade de equipo de análises de aplicacións e programación. Así mesmo compételle a resolución de problemas de análises e programación das aplicacións normais de xestión susceptibles de ser desenvoltas polos mesmos.

b) Analista: verifica análises orgánicas de aplicacións completas para obte-la solución mecanizada delas en canto se refire a:

-Cadea de operacións que hai que seguir.

-Documento que hai que obter.

-Deseño deles.

-Ficheiros que hai que tratar, a súa definición.

-Posta a punto das aplicacións.

-Creación de xogos de ensaio.

-Enumeración das anomalías que poidan producirse e definición do seu tratamento.

-Colaboración ó programa de probas «lóxica» de cada programa.

-Financiamento dos expedientes técnicos de aplicacións complexas.

c) Xefe de explotación: ten por misión planificar, organizar e controla-la explotación de todo o equipo de tratamento da información ó seu cargo, realiza-las funcións que correspondan a un operador e a dirección dos equipos de control.

d) Programador de ordenador: correspóndelle estudia-los procesos complexos definidos polos analistas, confeccionando organigramas detallados de tratamento.

Redactar programas na linguaxe de programación que lle sexa indicado.

Confeccionar xogos de ensaio, poñer a punto os programas e completa-los expedientes dos mesmos.

Documenta-lo manual de consola.

Artigo 39º.-Persoal administrativo.

Comprende este grupo a todo o persoal que efectúa traballos administrativos distribuído nas categorías seguintes:

1. Xefe administrativo de primeira.

2. Xefe administrativo de segunda.

3. Oficiais administrativos de primeira.

4. Oficiais administrativos de segunda.

5. Auxiliares administrativos.

Artigo 40º.-Definicións do persoal administrativo.

a) Xefe administrativo de primeira: é o empregado que, provisto ou non de poderes, leva a responsabilidade, inspección, revisión da empresa, está encargado de imprimirlles unidade, distribúeos, dirixe e achega as súas iniciativas para o bo funcionamento dos mesmos.

b) Xefe administrativo de segunda: é o empregado que provisto ou non de poder limitado, que ás ordes do xefe de primeira, realiza traballos de superior categoría que os oficiais, estando encargados de orientar e dar unidade á sección ou dependencia que dirixe.

c) Oficiais administrativos de primeira: son os empregados que actúan ás ordes dun xefe e que teñen un servicio determinado ó seu cargo, dentro do cal exerce iniciativa e posúe responsabilidade, con ou sen empregados ás súas ordes, realizando traballos que requiran cálculo, preparación ou condicións adecuadas. Por vía de orientación indícanse como funcións que corresponden a esta categoría as seguintes:

-Redacción de documentos, contratos, proxectos, orzamentos, escritos e correspondencia que requira coñecementos especiais dos asuntos da empresa e para a devandita misión sexa necesario interpretar disposicións e preceptos regulamentarios.

-Elaboración de estatísticas, con capacidade para proxectalas, analizalas e interpretalas. Facturas e cálculos das mesmas, sempre que sexa responsable desta misión. Levar libros oficiais de contabilidade ou de contas correntes con delegacións, sucursais, axencias ou correspondentes e redacción de borradores deles. Liquidación de comisións, xuros, impostos e operacións análogas con capacidade de interpretación e solución.

Considéranse incluídos nesta categoría: contables con capacidade de discernimento e solución, cando leve el a contabilidade, traductores e taquimecanógrafos en idioma estranxeiro.

d) Oficiais administrativos de segunda: son os empregados que con iniciativa e responsabilidade restrinxida e subordinada a un xefe ou oficial de primeira, realiza traballos de contabilidade, caixa, e coadxuvantes das mesmas; transcrición en libros auxiliares, redacción de correspondencia e documentos de trámite; redacción de facturas, expedientes e demais traballos similares; recompilación de datos estatísticos; organización de arquivos e ficheiros. Aplicación de tarifas, liquidacións de comisións, impostos e operacións complementarias para estes traballos conforme a normas fixas.

Considéranse nesta categoría, os taquimecanógrafos en idioma nacional, os mecanógrafos e os axentes de publicidade, propaganda e investigación.

e) Auxiliares administrativos: son aqueles empregados, maiores de dezaoito anos, que se adican dentro das oficinas a operacións elementais administrativas e, en xeral, ás puramente mecánicas inherentes ó traballo daqueles, como traballos simples de escritura e copia; transcrición ou copia en limpo de libros de contabilidade segundo asentos xa redactados; confección mecanizada ou non, de fichas, enderezos, recibos e outros, correspondencia sinxela, como envío de talóns, facturas, etc.

Quedan incluídos nesta categoría os mecanógrafos, así como aqueles empregados que realicen traballos elementais e auxiliares relacionados cos ordenadores ou máquinas clásicas de mecanización, telefonistas e recepcionistas.

O persoal desta categoría poderá así mesmo realizar outras funcións non estrictamente burocráticas, tales como pesar, anotar pesos, comprobar existencias, etc.

Artigo 41º.-Persoal comercial.

Este grupo comprende as seguintes categorías:

1. Xefe de vendas e/ou compras.

2. Xefe de zona.

3. Promotores e supervisores de vendas.

4. Viaxantes.

5. Repartidores e/ou autovendas.

Artigo 42º.-Definicións do persoal comercial.

a) Xefes de vendas e/ou compras: é o empregado que leva a responsabilidade, a revisión e coordinación das operacións comerciais e achega as súas iniciativas para o bo funcionamento das mesmas e/ou realiza de modo permanente, ben nos centros productores ou nos establecementos, as compras xerais das mercadorías que son obxecto da actividade comercial da empresa.

b) Xefe de zona: é o empregado que leva a responsabilidade, revisión, inspección e coordinación da súa zona, ás ordes directas do xefe de vendas, con ou sen persoal ó seu cargo.

c) Promotores e supervisores de venda e distribución: son os empregados que, con ou sen vehículo da empresa, percorren as zonas ou rutas que se lles indiquen, ó obxecto de controlar, vixiar e anima-la xestión comercial de viaxantes, repartidores e outros axentes e representantes, así como visitar clientes, promover vendas, xestionar cobros de operacións morosas ou calquera outra misión que directamente se lles encomende, relacionada coa venda e distribución dos productos da cooperativa. Cando permanezan no centro de traballo poderán empregarse en tarefas de estatística, controis diversos ou traballos similares.

d) Viaxantes: son os empregados que ó servicio exclusivo da cooperativa percorren persoalmente as rutas ou áreas xeográficas que se lles sinalan para ofrecer artigos, tomar notas de pedidos, informar os

socios e clientes, cobrar facturas, transmitir encargos recibidos e coidar do seu cumprimento. Durante a súa estadía no centro de traballo poderán ser empregados en oficinas ou destinos similares.

Se a organización da empresa así o esixira poderán conducir un vehículo, ofrecer, vender e cobrar ó mesmo tempo a mercadoría entregada.

e) Repartidores e/ou autovendas: son os traballadores que teñen función principal realiza-la recollida, distribución e entrega de productos a socios e clientes da cooperativa, tomar nota dos pedidos que estes lles fagan e fanse cargo do cobro e liquidación das vendas ó contado que se lles encomenden. Realizarán a carga ou descarga do vehículo que se lles asigne, sendo conductores deles, coidando da súa conservación, limpeza e boa presencia. Cando o seu traballo non absorba a xornada completa poderanse destinar a outros cometidos adecuados dentro da empresa.

Quedan incluídos nesta categoría, ademais dos conductores-distribuidores de pensos e leite envasado, os conductores de leite fresco en cántaras cisternas.

Artigo 43º.-Persoal de producción.

Pertencen a este grupo as seguintes categorías:

1. Encargado.

2. Oficial de primeira.

3. Oficial de segunda.

4. Especialista.

5. Peón.

Artigo 44º.-Definicións do persoal de producción.

a) Encargado: é o operario que baixo as ordes inmediatas dun superior, dirixe os traballos dunha sección, coa responsabilidade conseguinte sobre a forma de ordenalas, indica ó obreiro a forma de executar aqueles, posúe coñecementos dunha ou varias especialidades para realiza-las ordes que lle encomenden os seus superiores e é responsable da disciplina da súa sección, con práctica completa do seu cometido.

Quedan incluídos nesta categoría os encargados de tódalas seccións da cooperativa, incluíndo os da sección de consumo, economato, porqueira, almacén, etc.

b) Oficial de primeira: é o operario que baixo as ordes inmediatas dun superior, executa os traballos propios do seu equipo, coa responsabilidade conseguinte sobre a súa realización; indica ós obreiros ó seu cargo a forma de levar a cabo os traballos, e é responsable da disciplina do grupo ou sección, con práctica completa do seu cometido. En todo caso, considéranse dentro desta clasificación os postos de traballo que a continuación se describen:

1. Operadores de hixienizadores de leite: son os que coidan a vixilancia e bo funcionamento, dentro da fábrica, de todas e cada unha das máquinas de calquera sistema de hixienización.

2. Envasadores por medios mecánicos: son os encargados de vixiar e realiza-lo enchido polas máquinas envasadoras, coñecendo tódalas condicións dun perfecto envasado.

3. Dosificadores de penso: son os que fan a dosificación das distintas clases e tipos de pensos compostos, mediante as relacións e módulos facilitados polo xefe técnico de producción, ten ó seu cargo a máquina dosificadora e a mesturadora, sendo o responsable de todo o proceso ata o ensacado.

4. Controladores de distrito leiteiro: son aqueles que realizan funcións de vixilancia e estatística de producción, toma de mostras, control de estabulación e outras que se lles poida confiar polos seus superiores, tanto en relación coa medición, limpeza e comprobación de calidades nos distritos leiteiros, como calquera outra específica do seu labor de control. Cando permanezan no centro de traballo, poden ser empregados en recepción de leite en cometidos adecuados á súa categoría.

5. Xefes de sección mercantil: son aqueles empregados que dentro da sección xeral de consumo, e ás ordes de encargado ou xefe de planta, teñen ó seu cargo e baixo a súa responsabilidade unha determinada sección ou departamento encargándose de que exista mercadoría de tódalas clases e tipos, que estea debidamente colocada e marcada cos prezos ó público; de comunica-los pedidos ó xefe de almacén, e de todo aquilo que lle concirne e sexa necesario para a boa marcha da sección.

c) Oficial de segunda: é o traballador que ás ordes do seu superior inmediato, fai traballos de perfección e calidade. Considéranse dentro desta clasificación os postos de traballo seguintes:

1. Operadores de máquinas empaquetadoras: son os traballadores que dentro da planta están ó cargo das máquinas que colocan os paquetes nas caixas, coidando da súa vixilancia, limpeza e bo funcionamento.

2. Operadores de pasteurizadores: son os empregados que cun rendemento correcto e normal fan o labor de pasteurización do leite, nata, etc., estando ó coidado e vixilancia de todos e cada un dos aparellos de calquera sistema de pasteurización.

3. Granuladores de pensos compostos: son aqueles traballadores encargados de vixiar e face-lo granulado de pensos por medio das máquinas granuladoras, coñecendo tódalas condicións dun perfecto granulado, coidando destas e téndoas en perfecto estado de funcionamento.

4. Auxiliar de caixa en planta: son os que, na sección de consumo ou noutras, teñen ó seu cargo unha ou máis caixas rexistradoras, facendo a liquidación e cobro das mercadorías ós socios-clientes, sendo responsables dos cobros feitos e de liquidar correctamente ó caixeiro a recadación diaria. Cando non ocupen toda a xornada neste labor poderán ser destinadas a facer outras tarefas dentro da planta, tales como etiquetaxe, desembalaxe, control, etc.

5. Especialistas: é o operario que se adica ás funcións que, sen constituíren propiamente un oficio, esixen certa práctica e habilidade. En todo caso considéranse dentro desta clasificación os postos de traballo que a continuación se describen:

1. Pesadores de leite fresco en recepción: son os que comproban a báscula e practican a pesada do leite, facendo as sumas e anotacións de acordo coas instruccións dos seus superiores, distribuíndo o artigo ós depósitos.

2. Refrixeradores de leite: son os que fan a refrixeración do leite, e están ó coidado da batería de refrixeración, coñecendo tódalas condicións de temperatura e tempo de recuperación.

3. Manteigueiros: son os que coñecen as distintas fases da elaboración da manteiga e manexo de tódalas máquinas e aparellos que interveñen na súa fabricación.

4. Ensacadores: son os que fan o enchido e peche dos sacos nas básculas semiautomáticas e máquinas cosedoras, vixiando a exactitude das pesadas e o perfecto funcionamento das devanditas máquinas.

5. Muiñeiros: son os que están ó cargo do muíño mecánico, facendo molturación de toda clase de grans, distribuíndo as fariñas ós seus respectivos depósitos.

6. Vixilancia das caldeiras ó vapor: son os que vixían o perfecto funcionamento das caldeiras de vapor e están encargados da distribución do vapor necesario a cada fábrica ou planta.

7. Auxiliar-dependente de supermercado: son os empregados que na sección de consumo fan as funcións de auxiliar-dependente de tenda, ás ordes do xefe de sección mercantil, facendo entre outros os seguintes traballos, desembalaxe, etiquetaxe, marcado e colocación das distintas mercadorías nos andeis e colectores. Cando por necesidades de traballo sexa necesario, poden ser destinados a unha caixa rexistradora.

e) Peón: é o traballador non cualificado, maior de dezaoito anos, que executa labores para a dita realización soamente se require a achega da súa actuación e esforzo físico, sen esixencias de coñecemento especiais.

Artigo 45º.-Persoal de mantemento e transporte.

Están neste grupo os operarios, que realizando nas condicións legais establecidas, a aprendizaxe dun oficio determinado desempeñan as funcións propias do mesmo grupo, os choferes, mecánicos, carpinteiros, electricistas, soldadores, albaneis, pintores, etc.

Os obreiros encadrados dentro deste grupo de oficios auxiliares clasificaranse nas seguintes categorías.

1. Oficial de primeira.

2. Oficial de segunda.

3. Oficial de terceira.

4. Auxiliares.

Artigo 46º.-Definicións do persoal de mantemento e transporte.

a) Oficiais de primeira: son aqueles operarios que coñecendo un oficio o practican e aplican con tal grao de perfección que non só lles permite levar a cabo traballos xerais del, senón aqueloutros que supoñen especial esmero e delicadeza.

Recoñécese esta categoría ós conductores de camións de máis de tres toneladas e media de carga.

b) Oficiais de segunda: integran a devandita categoría os que sen chegar á especialización esixida para os oficiais de primeira, executan as correspondentes a un determinado oficio coa suficiente corrección e eficacia.

Recoñécese esta categoría ós conductores de vehículos de tonelaxe inferior a tres toneladas e media de carga.

c) Oficiais de terceira: son os que aínda non acadaron os coñecementos indispensables para executa-los traballos coa corrección esixida a un oficial de segunda.

Estes operarios traballan sempre ás ordes dos oficiais anteriormente descritos.

d) Axudante: son os empregados que sen posuír oficio, realizan traballos que non requiran especialización ás ordes dos oficiais e axuda a estes nos seus labores.

Artigo 47º.-Persoal subalterno.

Pertencen a este grupo as seguintes categorías:

1. Almaceneiro.

2. Pesadores ou basculeiros.

3. Cobradores.

4. Ordenanzas.

5. Gardas, serenos e vixilantes.

6. Persoal de limpeza.

Artigo 48º.-Definicións do persoal subalterno.

a) Almaceneiros: son os traballadores que teñen ó seu cargo a recepción de mercadorías e despacho de productos, coas operacións complementarias de medición, pesaxe, colocación de andeis, etc.; así como o rexistro nos libros correspondentes do movemento da xornada.

b) Pesadores e basculeiros: son os traballadores que teñen como misión pesar na báscula tractores, camións, etc., e rexistrar tales operacións nos libros correspondentes.

c) Cobradores: son os traballadores que teñen como ocupación habitual a realización de cobros e pagamentos por conta da empresa.

d) Ordenanzas: terán esta categoría os traballadores que a súa misión consiste en facer recados, reproducir documentos, así como levar a cabo outros traballos elementais por orde dos seus superiores.

e) Gardas, serenos e vixilantes: son os traballadores que teñen como cometido funcións de orde e vixilancia dentro ou fóra do recinto da empresa.

f) Persoal de limpeza: son os traballadores encargados dos servicios ou aseo xeral e da limpeza e coidado dos locais e dependencias da cooperativa.

Capítulo VII

Faltas e sancións

Artigo 49º.-Incumprimentos, faltas e sancións.

Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da empresa en virtude de incumprimento laboral, de acordo coa graduación de faltas e sancións que se determinan neste convenio e as que se establezan en disposicións legais aplicables, todo iso de conformidade ó disposto no artigo 58 do Estatuto dos traballadores.

Toda falta cometida por un traballador clasificarase, atendendo á súa importancia e transcendencia, en leve, grave, e moi grave.

a) Serán faltas leves:

1. Tres faltas de puntualidade na asistencia ó traballo nun prazo dun mes.

2. As discusións violentas cos compañeiros de traballo.

b) Serán faltas graves:

1. A falta non xustificada de asistencia ó traballo.

2. Ausentarse sen licencia do centro de traballo.

3. Simula-la presencia doutro traballador efectuando o control por el.

4. Finxir enfermidade ou accidente, ou pedir permiso alegando causa inexistente.

5. Non comunicar, no momento que se produza, os cambios na situación persoal ou familiar.

6. O quebrantamento da reserva obrigada, sen que produza graves prexuízos.

7. Os traballos mal realizados por neglixencia, falta de atención ou coidado que orixine avarías, deficiencias na producción ou perdas de materias primas, superiores ó normalmente admisible.

8. A reincidencia ou reiteración en faltas leves.

c) Serán faltas moi graves:

1. As consignadas no artigo 54º do Estatuto dos traballadores.

2. O descubrir planos de traballo da empresa, sacar documentos, revelar fórmulas, etc., sexa cal fose o fin co que se faga.

3. A reincidencia e reiteración nas faltas graves.

Sancións: as sancións máximas que poderán impoñerse ós que incorran en faltas serán as seguintes:

Por faltas leves:

Amoestación verbal ou escrita.

Por faltas graves:

Suspensión de emprego e soldo ata quince días.

Por faltas moi graves:

Suspensión de emprego e soldo de quince a sesenta días.

Inhabilitación para o ascenso por prazo dun ano.

Despedimento.

Do comité de empresa.

Competencias.

Artigo 50º

1. O comité de empresa terá as seguintes competencias:

1.1. Recibir información, que lle será facilitada trimestralmente, polo menos, sobre a evolución xeral do sector económico ó que pertence a empresa, sobre a situación da producción e vendas da entidade, sobre o seu programa de producción e evolución probable do emprego na empresa.

1.2. Coñece-lo balance, a conta de resultados, a memoria e, no caso de que a empresa revista a forma de sociedade por accións ou participacións, dos demais documentos que se dan a coñecer ós socios e as mesmas condicións que a estes.

1.3. Emitir informe con carácter previo á execución por parte do empresario das decisións adoptadas por este sobre as seguintes cuestións:

a) Reestructuración do cadro de persoal e cesamentos totais ou parciais, definitivos ou temporais daquel.

b) Reduccións de xornada, así como traslado total ou parcial das instalacións.

c) Implantación ou revisión de sistemas de organización e control do traballo.

d) Estudio de tempos, establecementos de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

1.4. Emitir informe cando a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa supoña calquera incidencia que afecte ó volume de emprego.

1.5. Coñece-los modelos de contrato de traballo escritos que se utilicen na empresa, así como dos documentos relativos á terminación da relación laboral.

1.6. Ser informado de tódalas sancións impostas por faltas moi graves.

1.7. Coñecer, trimestralmente polo menos, as estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidades profesionais e as súas consecuencias, os índices de sinistrabilidade, os estudios periódicos ou especiais do medio laboral e os mecanismos de prevención que se utilizan.

1.8. Exercer un labor.

a) De vixilancia no cumprimento das normas vixentes en materia laboral, de Seguridade Social e emprego así como o resto dos pactos, condicións e usos de empresa en vigor, formulando, se é o caso, as condicións legais oportunas ante o empresario e os organismos ou institucións competentes.

b) De vixilancia e control das condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa, coas participacións previstas nesta orde polo artigo 19º desta lei.

1.9. Participar, como se determine por convenio colectivo, na xestión de obras sociais establecidas na empresa en beneficio dos traballadores ou dos seus familiares.

1.10. Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo establecemento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade, de acordo co pactado no convenio colectivo.

1.11. Informar ós seus representantes en tódolos temas e cuestións sinaladas neste número 1, en canto directa ou indirectamente teñan ou poidan ter repercusión, nas relacións laborais.

2. Os informes que deba emiti-lo comité a teor das competencias recoñecidas nos puntos un punto tres e un punto catro do número un anterior deben elaborarse no prazo de quince días.

3. Recoñéceselle ó comité de empresa capacidade, como órgano colexiado, para exercer accións administrativas ou xudiciais en todo o relativo ó ámbito das súas competencias, por decisión maioritaria dos seus membros.

3.1. Os membros do comité de empresa, e este no seu conxunto, observarán sixilo profesional en todo o referente ós números un, dous, tres e catro do punto un do artigo anterior, aínda despois de deixar de pertencer ó comité de empresa e en especial en todas aquelas materias sobre as que a dirección sinala expresamente o carácter reservado. En todo caso, ningún tipo de documento entregado pola empresa ó comité poderá ser utilizado fóra do estricto ámbito daquela e para distintos fins dos que motivaron a súa entrega.

Garantías.

Os membros do comité de empresa, como representantes dos traballadores, terán as seguintes garantías:

a) Apertura de expediente contradictorio no suposto de sancións por faltas graves o moi graves, no que será oído, á parte do interesado, o comité de empresa.

b) Prioridade de permanencia na empresa ou centro de traballo respecto dos demais traballadores, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

c) Non ser despedido nin sancionado durante o exercicio das súas funcións nin dentro do ano seguin-

te á expiración do seu mandato, agás no caso de que esta se produza por revogación ou dimisión, sempre que o despedimento ou sanción se basee na acción do traballador no exercicio da súa representación, sen prexuízo, por tanto, do establecido no artigo 54. Así mesmo non poderá ser discriminado na súa promoción económica ou profesional en razón, precisamente, do desempeño da súa representación.

d) Expresar, colexiadamente, se se trata do comité, con liberdade as súas opinións nas materias concertantes á esfera da súa representación, podendo publicar e distribuír, sen perturba-lo normal desenvolvemento do traballo, as publicacións de interese laboral ou social, comunicándollo á empresa.

e) Dispoñer dun crédito de 20 horas mensuais retribuídas cada un dos membros do comité, para o exercicio das súas funcións de representación.

Capítulo VIII

Disposicións varias

Artigo 51º.-Roupa de traballo.

A empresa entregará anualmente ó persoal de producción, transporte, mantemento e laboratorio, dous xogos completos de roupa de traballo adecuados ó labor que se vai realizar, tales como fundas, pantalón e chaqueta, gorras, batas, botas, guantes, mandís, etc. Cando se realicen tarefas á intemperie proporcionaranse as pezas de roupa apropiadas.

Así mesmo nos postos de traballo que pola súa natureza se produza un desgaste extraordinario da roupa, estas substituiranse na medida en que se vaian deteriorando.

O traballador responderá do correcto uso da roupa que se lle entreguen.

Artigo 52º.-Mobilidade funcional e xeográfica.

En materia de traslados e cambios de posto de traballo rexerá o disposto nos artigos 39 e 40 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 53º.-Xubilación.

Con amparo no disposto na disposición adicional décima do Estatuto dos traballadores, como reparto ou distribución do traballo e coa aspiración de ser unha concreción do artigo 40.1º da Constitución española no que se refire a manter, a través da negociación colectiva, unha política de pleno emprego, as partes acordan declara-la xubilación obrigatoria para os traballadores que cumpran os sesenta e cinco anos de idade.

Disposicións adicionais

Primeira.-A clasificación do persoal consignada neste convenio é meramente enunciativa e non supón a obriga de ter cubertas tódalas prazas enumeradas, se a necesidade e volume da empresa non o require.

Segunda.-Comisión paritaria.

Para a solución de cantas dúbidas e conflictos poidan xurdir na interpretación e cumprimento deste convenio, créase unha comisión paritaria integrada

por dez membros (cinco de cada unha das partes) designados todos eles, preferentemente, de entre os integrantes da comisión deliberadora do convenio, e en todo caso membros do comité de empresa e do consello rector.

A comisión reunirase cantas veces sexa necesario por petición de calquera das partes, avisando por escrito cunha antelación mínima de 48 horas. As súas decisións serán vinculantes cando se adopten por tres cuartas partes dos seus membros, e deberá resolver no prazo máximo de quince días hábiles.

Disposicións transitorias

Primeira.-Asimilación de categorías.

Os traballadores que á entrada en vigor deste convenio tiveran unha categoría profesional que non figure nel, quedarán automaticamente clasificados, para tódolos efectos, naquelas nas que as funcións se axusten máis ás que realice sen que en ningún caso lles supoña deterioración ou menoscabo dos seus dereitos laborais, tanto económicos como doutra índole.

Segunda.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse en todo caso as condicións máis beneficiosas no complemento de antigüidade para aqueles traballadores que o tiñan recoñecido, que percibirán a cantidade que estaban percibindo anteriormente ata que as pactadas neste convenio excedan ás anteriores.

Terceira.-As retribucións establecidas neste convenio compensarán calquera outra existente no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a natureza ou orixe da súa existencia.

Cuarta.-O chamado complemento a extinguir non sufrirá variación ningunha neste ano.

Quinta.-A empresa comprométese a establecer para o próximo convenio colectivo do ano 2003 a xornada de cinco días, naquelas seccións que sexa posible, sen causarlle maior custo, reducción na producción ou falta de asistencia ós socios, logo de informe da dirección.

Disposición derradeira

No que non se estableza de maneira expresa neste convenio, rexerá o disposto na lexislación vixente.

Este convenio colectivo derroga calquera pacto de carácter xeral ou outro convenio colectivo polo que viñesen rexíndose as relacións laborais entre Feiraco, S. Coop. Galega, e os traballadores de tódolos seus centros de traballo na provincia da Coruña ata a data.

Autorízase a María Neira Barral para que presente no prazo máis breve posible esta acta e os documentos que se xuntan na Dirección Provincial da Coruña, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia para que esta dispoña o seu rexistro e a súa publicación no BOP e unha vez rexistrada a remita ó Instituto de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (IMAC), para o seu depósito, todo iso de acordo co disposto na normativa vixente na materia.

Este convenio expresa a libre vontade das partes negociadoras que en proba de conformidade o asinan en Ponte Maceira-Negreira (A Coruña) a vinteoito de xullo do dous mil tres.

ANEXO

Categorías2002

Táboa salarial mensual 2002 (con incremento 2,5%

+revisión 1,5%)

2003

Táboa salarial mensual 2003 (2002+incremento 2,3%)

2003

Cómputo anual máis complemento de asistencia

EurosPesetasEurosPesetasEurosPesetas

* Persoal técnico
Técnico xefe1.913,60318.3961.957,61325.71930.509,325.076.324
Técnico superior1.645,74273.8281.683,59280.12626.399,024.392.427
Técnico medio1.158,71192.7931.185,36197.22718.925,573.148.950
Xefe de fabricación1.158,71192.7931.185,36197.22718.925,573.148.950
Xefe de control leiteiro1.158,71192.7931.185,36197.22718.925,573.148.950
Xefe de sección1.158,71192.7931.185,36197.22718.925,573.148.950

* Persoal auxiliar de laboratorio
Auxiliar laboratorio660,53109.903675,72112.43011.280,971.876.995
Aspirante a aux. laboratorio639,22106.357653,92108.80310.953,971.822.587

* Persoal de informática
Xefe de equipo de informática1.158,71192.7931.185,36197.22718.925,573.148.950
Analista1.158,71192.7931.185,36197.22718.925,573.148.950
Xefe de explotación1.158,71192.7931.185,36197.22718.925,573.148.950
Programador de ordenador1.158,71192.7931.185,36197.22718.925,573.148.950
Operador de ordenador1.158,71192.7931.185,36197.22718.925,573.148.950

* Persoal administrativo
Xefe administrativo de primeira1.158,71192.7931.185,36197.22718.925,573.148.950
Xefe administrativo de segunda944,62157.172966,35160.78715.640,422.602.347
Oficial administrativo de primeira810,69134.887829,34137.99113.585,272.260.399
Oficial administrativo de segunda770,11128.136787,82131.08212.962,472.156.774
Auxiliar administrativo717,35119.357733,85122.10212.152,922.022.076

* Persoal comercial
Xefe de vendas e/ou compras1.158,71192.7931.185,36197.22718.925,573.148.950
Xefe de zona931,43154.977952,85158.54115.437,922.568.654
Promotor e supervisor de vendas748,8124.590766,02127.45512.635,472.102.365
Viaxantes639,22106.357653,92108.80310.953,971.822.587
Repartidores e/ou autovendas639,22106.357653,92108.80310.953,971.822.587

Categorías2002

Táboa salarial mensual 2002 (con incremento 2,5%

+revisión 1,5%)

2003

Táboa salarial mensual 2003 (2002+incremento 2,3%)

2003

Cómputo anual máis complemento de asistencia

EurosPesetasEurosPesetasEurosPesetas

* Persoal de producción
Encargado733,58122.057750,45124.86412.401,922.063.506
Oficial de primeira702,13116.825718,28119.51211.919,371.983.216
Oficial de segunda665,03110.652680,33113.19711.350,121.888.501
Especialista643,72107.106658,53109.57011.023,121.834.093
Peón619,37103.054633,62105.42510.649,471.771.923

* Persoal subalterno
Almaceneiro643,72107.106658,53109.57011.023,121.834.093
Pesador e basculeiro619,37103.054633,62105.42510.649,471.771.923
Cobrador619,37103.054633,62105.42510.649,471.771.923
Ordenanza619,37103.054633,62105.42510.649,471.771.923
Garda, sereno e vixilante619,37103.054633,62105.42510.649,471.771.923
Persoal de limpeza619,37103.054633,62105.42510.649,471.771.923