Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 29 de outubro de 2003 Páx. 13.384

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 396/2003, do 16 de outubro, polo que se aceptan a título gratuíto doazóns de diverso material con destino ó Complexo Hospitalario de Pontevedra.

As empresas, B. Braun Medical, S.A., Laboratorios Danvar, S.A. e Francisco Soria Melguizo, S.A. ofrecen a doazón ó Servicio Galego de Saúde de diverso material con destino ó Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e presidente do Servicio Galego de Saúde, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de outubro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acepta-la doazón do seguinte material:

-3 ordenadores con 3 monitores de 17'', marca Compaq, modelo Evo D3DP1.6, cun valor de 1.394,00 A cada un, doados pola empresa B. Braun Medical, S.A.

-1 impresora, marca Lexmark, modelo E322, cun valor de 418,47 A, doada pola empresa B. Braun Medical, S.A.

-1 fax, marca Sansung, modelo SF/3200, cun valor de 313,00 A, doado pola empresa Laboratorios Danval, S.A.

-4 ordenadores, marca Compaq, modelo Evo D310DT, cun valor de 1.058,82 A cada un, doados pola empresa Francisco Soria Melguizo, S.A.

Artigo 2º

Os activos acéptanse segundo o establecido na normativa en materia patrimonial da Comunidade Autónoma e destinaranse ó Complexo Hospitalario de Pontevedra de acordo coa vontade dos doadores.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, dezaseis de outubro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade