Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 29 de outubro de 2003 Páx. 13.384

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 395/2003, do 16 de outubro, polo que se acepta a título gratuíto a doazón dun equipo con destino á Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo.

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo recibiu a oferta de doazón dun moneco Megacode Master con simulador Heratsin 4000, ó Servicio Galego de Saúde, con destino á realización de prácticas de reanimación do persoal sanitario da dita xerencia, e emitiu informe favorable sobre a aceptación do equipamento.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e presidente do Servicio Galego de Saúde, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaseis de outubro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acepta-la doazón dun moneco modelo Megacode Master con simulador Heratsin 4000, cun valor de 6.500 A, en favor da Xerencia de Atención Primaria

de Pontevedra-Vigo, doado por Fundesa, para a realización de prácticas de recuperación cardio-pulmonar polo seu persoal sanitario.

Artigo 2º

O activo acéptase segundo o establecido na normativa en materia patrimonial da Comunidade Autónoma e destinarase á Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, de acordo coa vontade do doador.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, dezaseis de outubro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jose María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade