Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 29 de outubro de 2003 Páx. 13.374

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 217/2003, do 11 de abril, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios, e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Advertido erro na publicación do decreto que se cita, efectuada no Diario Oficial de Galicia nº 75, do 16 de abril de 2003, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 4.856, no segundo parágrafo do punto 1 do artigo 8º, onde di: «Igualmente, os solicitantes deberán posuír para os grupos A, B, I e II o diploma ou certificado que acredite o grao de perfeccionamento do idioma galego, e para os grupos C, D, E e III, IV e V o grao de iniciación ...»; debe dicir: «Igualmente, os solicitantes deberán posuír para os grupos A, B, C, I, II e III o diploma ou certificado que acredite o grao de perfeccionamento do idioma galego, e para os grupos D, E, IV e V o grao de iniciación ...».