Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 28 de outubro de 2003 Páx. 13.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, da contratación dun servicio de telefonía fixa para os centros dependentes do Servicio Galego de Saúde (S-351/2003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: S-351/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de telefonía fixa para os centros dependentes do Servicio Galego de Saúde.

b) Prazo de execución: será de tres anos desde a data de formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: sete millóns setecentos corenta e seis mil oitocentos dezanove euros con dez céntimos de euro (7.746.819,10 A).

5. Garantía provisional: 154.936,38 A.

6. Obtención de documentación e información: Servicio de Contratación, edificio administrativo San Lázaro, s/n. 15781 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 36 18, telefax: 981 54 27 62.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Clasificación:

Grupo V, subgrupo IV, categoría D.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 20 días contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).No caso de que o día sinalado sexa inhábil, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde. Edificio administrativo San Lázaro, s/n. 15781 Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 27 37.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: terá lugar ás 9 horas A.M., na sala 2-1 do edificio administrativo do Sergas, San Lázaro, do oitavo día natural contado desde a

data de finalización de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado, domingo ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. Páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria e onde poden obterse os pregos: www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2003.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos