Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 28 de outubro de 2003 Páx. 13.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2003, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso de subministracións sucesivas, polo procedemento aberto -plurianual-, para a subministración de infusores de medicación. (Referencia C.23/2003).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 6, e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a seguir se cita:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña; plan

ta semisoto do hotel de pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73, telefax: 981 17 80 32.

2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso de subministracións sucesivas plurianual.

3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades): CNPA 33101579.

Subministración de infusores de medicación-C.23/2003.

Orzamento total: 481.932 euros.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: existen 6 lotes.

4. Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas.

5. a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña (planta semisoto do edificio do hotel de pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo-Marítmo Oza da Coruña). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9.00 ás 14.00 horas. Teléfono: 981 17 80 73, fax: 981 17 80 32, ou a través da páxina web do Sergas: http://www.sergas.es

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 7 de novembro de 2003.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que se deba aboar para obter-las ditos documentos: ningún.

6. a) Data límite de recepción das propostas: 14 de novembro de 2003.

b) Enderezo ó que se deben enviar: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña; planta baixa do Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña.

c) Lingua ou linguas nas que se deban redactar: galego ou castelán.

d) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Xestión do Complexo Hospitalario Uni

versitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña; planta soto do hotel de pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña). As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña; ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do último día no que termine o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte: 25 de novembro de 2003.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de licitación de cada lote. Definitiva do 4% do importe base de licitación do lote ou lotes adxudicados.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: mediante pagamentos parciais, con base nas entregas igualmente parciais da subministración, debidamente recibidas e facturadas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicataria da contratación: unión temporal das empresas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admiten variantes.

15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

16. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 28-11-2002.

17. Data de envío do anuncio: 9 de outubro de 2003.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

A Coruña, 2 de outubro de 2003.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza

da Coruña