Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 28 de outubro de 2003 Páx. 13.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEE

ANUNCIO.

Anuncio para a concesión mediante poxa dos postos de venda e cafetería do novo mercado de abastos da vila de Cee.

1. Entidade concesionaria:

Concello de Cee.

2. Obxecto da poxa:

Concesión dos postos de venda e cafetería do novo mercado de abastos da vila de Cee.

Tipo A: destinados exclusivamente á venda de carne.

Tipo B: destinados exclusivamente á venda de pan e conxelados.

Tipo C: destinados exclusivamente á venda de productos do mar.

Tipo D: destinados exclusivamente á venda de productos do mar.

Tipo E: destinados exclusivamente á venda de productos da terra.

Tipo F: cafetería.

3. Tramitación e procedemento:

Procedemento aberto mediante poxa.

4. Forma:

Poxa.

5. Tipos de licitación mínimos sobre os que versará a poxa:

* 12.000 euros, para os postos de tipo A.

* 6.010 euros, para os postos de tipo B.

* 8.053,56 euros para os postos de tipo C.

* 4.026,78 euros para os postos de tipo D.

* 3.000 euros para os postos de tipo E.

* 18.000 euros para os postos de tipo F.

6. Prazo de concesión:

25 anos improrrogables, computables desde a data da notificación do acordo de adxudicación.

7. Garantía:

Garantía provisional: 2% do tipo de licitación.

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

8. Obtención de documentos e información:

Concello de Cee, r/ Domingo Antonio de Andrade, s/n. Teléfono: 981 74 51 00. Fax: 981 74 67 57.

9. Presentación de proposicións:

No rexistro xeral do concello, en horario das 9.00 ás 13.30 horas, durante quince días naturais, que comezarán a contarse desde a publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

10. Documentación:

A que figura nos pregos.

11. Apertura de propostas:

Ás 12.00 horas do día seguinte hábil ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións.

12. Gastos de anuncios:

Serán por conta dos adxudicatarios.

Cee, 21 de outubro de 2003.

José Antonio Domínguez García

Alcalde-presidente