Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 28 de outubro de 2003 Páx. 13.355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/581-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.

Domicilio social: rúa Igrexa, 14 baixo, 36820 Ponte Caldelas.

Denominación: L.M.T., C.T. Puente nº 6.

Situación: concello de Ponte Caldelas.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor R.H.Z. de 70 m de lonxitude, con orixe nun apoio metálico a colocar na L.M.T. Santana-Pazos e remate no C.T. nº 6 que se proxecta de 400 kVA, no novo vial entre as rúas Cordo Boullosa e Besada de Ponte Caldelas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 19 de setembro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra