Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.
Domicilio social: rúa Igrexa, 14 baixo, 36820 Ponte Caldelas.
Denominación: L.M.T., R.B.T. varias rúas de Ponte Caldelas.
Situación: concello de Ponte Caldelas.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor R.Z. desde o C.T. nº 6 ata un apoio da L.M.T. A Loxoso na rúa Cordo Boullosa de Ponte Caldelas. Sete R.B.T., catro con orixe no C.T. nº 2 e tres no C.T. nº 6, con conductor R.V. e unha lonxitude total de 1.150 m discorrendo por diversas rúas de Ponte Caldelas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 19 de setembro de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra